Satenta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Satenta
Manselle.jpg
Actuación de Satenta no Festivalo'17 de Manselle. De esquerda a dereita Adrian, Pablo, Andrés, Cobi e David
OrixeValga, Galicia Galicia
Período2015-presente
Xénero(s)Punk
MembrosJonatan Losas
Adrián Rivas
Andrés Constantino
David Domínguez
Cobi
Antigos membrosPablo Potel
Páxina webhttp://satenta.ga/

Satenta é unha banda galega de punk formada no 2015 en Valga.

Historia[editar | editar a fonte]

No 2015, Xacobe Barreiro (que formara parte da Banda Municipal de Valga) e Andrés Constantino, experimentaron cun proxecto de punk chamado Mitose Masculina. Chegaron a actuar con Ataque Escampe e O Leo i Arremecághona! nunha pequena actuación polo Día das Letras Galegas no IES de Valga, onde estudaban. Por outro lado Adrián Rivas (guitarra) e David Domínguez (baixo), ambos os dous de Padrón, tamén formaban parte doutro proxecto que non saíu adiante. Na mesma situación estaba Pablo Potel (guitarra e voz), de Pontecesures, que formaba parte doutro grupo da zona que acabaría por desfacerse.

En Xullo de 2015 decidiron xuntarse todos para formar un grupo[1], o cal deu lugar a Satenta. Por motivos persoais, Pablo tivo que deixar a banda durante uns meses. Nese tempo o seu lugar ocupouno Izzy Brown, que tras un par de meses non convenceu ao resto de integrantes, forzando a volta de Pablo.

Tras dun período convulso de cambio de cantantes, así como de estilo musical, a principios de setembro de 2017, gravaron a demo Lavado Rápido, cos temas "O Estrume", "Cabrón", "Pan con Punk" e "Pantallas". Nese mesmo mes, participaron no Festivalo de Manselle, compartindo cartel con Secho, Noite fechada e NAO, dándose a coñecer cos seus propios temas, así como con versións de grupos como Guns N' Roses, The Clash, Blink-182 ou The Offspring.

En 2018, Pablo Potel volve a afastarse da banda, xa que por asuntos persoais decide irse para Dinamarca. Esto deixa ao grupo novamente sen voz ata que poucos meses despois, Jonatan Losas "Pascolo", se uniría a Satenta como novo vocalista.

Membros[editar | editar a fonte]

Formación actual[editar | editar a fonte]

* Jonatan Losas "Pascolo" Voz
* Adrián Rivas Guitarra
* Andrés Constantino Guitarra
* David Domínguez Baixo
* Xacobe Barreiro "Cobi" Batería

Antigos membros[editar | editar a fonte]

* Pablo Potel Guitarra, voz

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • http://satenta.ga/historia
  • "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 30 de outubro de 2017.