Saltar ao contido

Sardinella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sardinella

Sardinella aurita
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Clupeiformes
Suborde: Clupeoidei
Familia: Clupeidae
Subfamilia: Clupeinae
Xénero: Sardinella
Valenciennes
in Cuvier & Valenciennes, 1847 [1]
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Referencia:[2]
  • Clupalosa
  • Clupeonia
  • Fimbriclupea
  • Kowala
  • Sardinelis (incorrecto gramaticalmente)
Sardinella maderensis.
Debuxo de Sardinella tawilis.

Sardinella Valenciennes, 1847 é un xénero de peixes osteíctios da orde dos clupeiformes e familia dos clupeidos.

Características

[editar | editar a fonte]

O xénero comprende actualmente algo máis de 20 especies recoñecidas (ITIS recoñece 23,[3] mentres que FishBase só 21) [4] que son peixes xeralmente costeiros, gregarios, que abundan nas augas cálidas e se encontran en case calquera nos océanos en zonas tropicais e subtropicais.

Algunhas especies recoñécense pola súa presenza en determinadas zonas, pero tamén poden distinguirse por algunhas características moi específicas da súa anatomía, aínda que é frecuente que sexan confundidas con outras doutros xéneros similares.

Algúns dos trazos comúns é que son especies mariñas peláxicas que forman grandes cardumes. Os individuos xuvenís de Sardinella encóntranse a miúdo en albufeiras, lagoas litorais e esteiros, aínda que é máis común encontrar os adultos en augas máis profundas, un pouco máis lonxe da costa.

Como excepción, a especie Sardinella tawilis vive en auga doce, nun lago de Filipinas.

Segundo o SIIT recoñécense na actualidade as seguintes especies:[3]

  1. Georges Cuvier e Achille Valenciennes (1828 -1849): Histoire naturelle des poissons, 22 volumes. Ver en liña
  2. Sardinella Valenciennes, 1847 en WORMS:
  3. 3,0 3,1 Sardinella en ITIS (en inglés)
  4. Sardinella en FishBase.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Whitehead Peter J. P. (2005): Clupeoid fishes of the world (Suborder Clupeoidei). An annotated and illustrated catalogue of the herrings, sardines, pilchards, sprats, shads, anchovies, and wolf-herrings. Part 1. Chirocentridae, Clupeidae and Pristigasteridae. pp. 26–32. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Nº 7. Roma: FAO. Resumo en PDF

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]