Saltar ao contido

Santos Sancristóbal Sebastián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSantos Sancristóbal Sebastián
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1928 Editar o valor en Wikidata
Segovia, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xullo de 2020 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, escritor Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAntonio San Cristóbal Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1065096


Santos San Cristóbal Sebastián, nado en Segovia o 13 de outubro de 1928 e finado en Mondoñedo o 9 de xullo de 2020[1], foi un escritor, pintor, historiador e profesor español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi cóengo da catedral de Mondoñedo e fundador do museo que leva o seu nome (Museo Catedralicio e Diocesano Santos San Cristóbal) en Mondoñedo, dedicado á arte sacra, o máis importante de Galicia e un dos máis importantes de España. Foi membro da Real Academia de Historia y Arte de San Quirce de Segovia, e fundador da Asociación Cultural Santa Columba e da revista do Museo Catedralicio de Mondoñedo.

Ordenado en Mondoñedo no 1955, o seu primeiro destino foi Parga e Trasparga, ata 1958, pasando logo a estudar Dereito canónico en Comillas.[2] Licenciado en 1960, foi durante oito anos capelán de emigrantes de Francia, volvendo a Mondoñedo en 1968, onde é encargado da fundación do museo catedralicio e diocesano,[3] e foi nomeado cóengo no 1983 por monseñor Sánchez Monge.

Como profesor, exerceu no Seminario de Santa Catalina e en colexios de EXB en Ferrol e Vilanova.[2]

  1. Ramón Loureiro (9 de xullo de 2020). "La Galicia do Norte pierde al canónigo, investigador, jurista, escritor y pintor Santos Sancristóbal". La Voz de Galicia (en castelán). 
  2. 2,0 2,1 Carrera, Juana (2020-07-10). "Fallece Don Santos, fundador del Museo Diocesano de Mondoñedo". COPE (en castelán). Consultado o 2022-06-15. 
  3. Rodríguez Díaz, José María (10 de abril de 2008). "Don Santos y el Museo de Mondoñedo". Ribadeando.