Santos Salvado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Santos Salvado
Nacemento1811
 Tui
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

Miguel de los Santos Salvado Rotea, nado en Tui o 5 de xullo de 1811 e finado na Guarda o 17 de abril de 1894, foi un fotógrafo, frade e misioneiro bieito galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Pedro Salvado e Francisca Rotea, e irmán Rosendo Salvado. Ingresou no mosteiro bieito de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela e ordenouse sacerdote en 1835 e nese ano volveu a Tui debido á Real Orde de Exclaustración Eclesiástica de Mendizábal, regresando á súa cidade natal de Tui. Instalouse despois en Madrid e foi capelán da raíña Isabel II. En 1869[1] decidiu marchar a New Norcia, Australia Occidental, onde seu irmán levaba o labor misioneiro. En 1870[2] converteuse no prior da misión. En 1879 enfermo da vista regresou ao seu antigo posto de capelán real na corte real[3] e logo volveu a Galicia. Durante a súa estadía en New Norcia realizou numerosas fotografías que constitúen un arquivo da vida na misión e á súa volta tamén continuou a tirar fotografías na súa localidade natal.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]