New Norcia
Aparencia
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Australia | |||
| Estado federado | Australia Occidental | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 101 (2016) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 146,6 km² | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 6509 | |||
New Norcia é unha localidade sita en Western Australia (Australia Occidental), a 132 km ao norte de Perth. Sitúase nas proximidades do río Moore, no condado de Victoria Plains.
O 1 de marzo de 1847, foi iniciada aquí a fundación dunha misión bieita para aborixes, que dirixían dous frades españois, Rosendo Salvado e José Serra. O lugar foi denominado New Norcia, por Norcia en Italia, lugar de nacemento de San Bieito, lugar que nas linguas hispanas adoita denominarse Nursia.
New Norcia é a única localidade monástica en Australia. Unha estación de seguimento espacial da Axencia Espacial Europea (ESA) atópase a 8 km ao sur da localidade.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Igrexa abacial
- Mosteiro
