Santiago, Galápagos
Tipo | volcán illa | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Xacobe II de Inglaterra, San Salvador Island (en) , Xesús de Nazaret, Santiago de Compostela, Santiago o Maior e Marcos o Evanxelista | |||
Parte de | Illas Galápagos | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas Galápagos | |||
Localización | ||||
División administrativa | Ecuador | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Altitude | 920 m | |||
Dimensións | 22 () × 35 () km | |||
Superficie | 577 km² | |||
A illa Santiago é unha illa das Illas Galápagos.[1][2] Tamén se coñece como San Salvador, chamada así pola primeira illa descuberta por Cristovo Colón no mar Caribe (véxase San Salvador, Bahamas), ou como James Island. A illa, que consta de dous volcáns superpostos, ten unha superficie de 585 km² e unha altitude máxima de 907 m.. Na illa atópanse iguanas mariñas, lobos mariños, focas, tartarugas terrestres e mariñas, flamengos, delfíns e quenllas. Hai unha gran cantidade de cabras e porcos, animais que foron introducidos polos humanos nas illas e que causaron un gran dano ás especies endémicas. [Cómpre referencia] Pimpíns de Darwin e Falcóns das Galápagos así como unha colonia de lobos mariños son vistos frecuentemente na illa. En Sullivan Bay, pódese observar un recente (1897) fluxo de lava.
Puerto Egas, ao sur de James Bay e ao oeste de Santiago, é un dos mellores sitios. Hai unha longa costa de lava onde as formacións rochosas erosionadas albergan unha excelente variedade de vida silvestre. As iguanas mariñas toman o sol. As piscinas de marea conteñen moitos cangrexos Sally Lightfoot, que atraen a outros tipos de cazadores. Seguindo o rastro atópanse lobos mariños. Puerto Egas non só é un bo lugar para tomar fotos, senón que tamén é perfecto para o mergullo e ver moitas especies de peces tropicais.
Sullivan Bay é especialmente fascinante para quen estean interesados na xeoloxía e a vulcanoloxía. Pódese camiñar sobre un fluxo de lava negra sen erosionar cuberto con burbullas de lava e moldes de tronco de árbore na superficie. Hai dúas pequenas praias onde as tartarugas veñen para aniñar.
Cousin's Rock é un sitio de mergullo moi coñecido e está situado na costa leste de Santiago. É unha rocha triangular que se eleva aproximadamente 10 m fora da auga e está formada por moitas capas de rocha volcánica.
Sombreo Chino (Chapeu Chinés) é un pequeno illote no extremo sueste de Santiago. Un cono volcánico de 52 m de altura e 0´22 km², chámase así polo seu parecido co chapeu cónico asiático.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "SANTIAGO ISLAND (SAN SALVADOR, JAMES), GALAPAGOS". animalcorner.co.uk. Consultado o 6 de xuño de 2017.
- ↑ "Santiago". Galapagos Conservancy. galapagos.org. Consultado o 6 de xuño de 2017.
- ↑ Kricher, John (February 13, 2006). Galápagos: A Natural History. Princeton University Press. p. 210. ISBN 978-0691126333.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santiago, Galápagos |