Santi Moar
Santi Moar | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nacemento | 5 de setembro de 1993 | ||
Lugar de nacemento | Ordes | ||
Posición | dianteiro, dianteira e centrocampista | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Santiago Moar Sánchez, coñecido como Santi Moar, nado en Ordes o 5 de setembro de 1993, é un futbolista galego que xoga como dianteiro e extremo no Phoenix Rising FC do USL Championship.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Inicios en Galicia[editar | editar a fonte]
Despois de debutar co Ordes na Terceira División en 2012, xogou dúas campañas en Preferente, nas filas do Sporting Sada.[1] No 2014 puxo rumbo aos Estados Unidos para estudar na universidade e aprender inglés.[2][1]
Chegada aos Estados Unidos[editar | editar a fonte]
Xogou tres anos no fútbol universitario co equipo da Universidade de Pfeiffer, entre 2014 e 2016. Durante esa etapa disputou un total de 45 partidos, marcando 24 goles e repartindo 33 asistencias.[2] Mentres estaba na universidade, tamén xogou co Charlotte Eagles na Premier Development League, marcando 8 goles en 16 partidos.[3]
Bethlehem Steel FC[editar | editar a fonte]
O 17 de xaneiro de 2017 foi seleccionado na cuarta rolda (82º xeral) no SuperDraft da MLS polo Philadelphia Union.[2] O 30 de xaneiro asinou co Bethlehem Steel FC, da United Soccer League de Filadelfia.[4] Militou neste club ata novembro de 2018.[5]
New Mexico United[editar | editar a fonte]
O 12 de decembro de 2018 foi fichado polo New Mexico United, club que se acababa de fundar en Albuquerque.[6] Marcou 11 goles e repartiu 6 asistencias durante a tempada 2019 do USL Championship, sendo elixido como mellor xogador de marzo.
Phoenix Rising FC[editar | editar a fonte]
O 3 de decembro de 2019 foi anunciado como novo xogador do Phoenix Rising FC.[7] Con este equipo rematou segundo na fase regular da Conferencia Oeste e disputou os playoffs. Acadou a final da Conferencia, onde se enfrontou ao El Paso Locomotive FC. O partido rematou en empate e Santi Moar foi o encargado de tirar o cuarto lanzamento na quenda de penaltis, co que o equipo logrou o título da conferencia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Antelo, Iván (7 de decembro de 2019). "El ordense Santi Moar ficha por los Phoenix Rising". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xullo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Antelo, Iván (20 de xaneiro de 2017). "Santi Moar, elegido en el draft de la MLS por el Filadelfia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xullo de 2022.
- ↑ http://www.uslpdl.com/stats/league_instance/39413?subseason=278141&tab=league_instance_player_stats. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ "Bethlehem Steel FC signs forward Santi Moar" (en inglés). 30 de xaneiro de 2017. Consultado o 9 de xullo de 2022.
- ↑ "Bethlehem Steel FC Announces Roster Moves with 2019 In Mind" (en inglés). 19 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2018. Consultado o 9 de xullo de 2022.
- ↑ "Copia arquivada". 12 December 2018. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2020. Consultado o 09 de xullo de 2022.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2020. Consultado o 09 de xullo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santi Moar ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador na Major League Soccer (en inglés).
- Datos do xogador no USL Championship (en inglés).
- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).