Santa Mariña de Augas Santas, Augas Santas, Allariz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Santa Mariña de Augas Santas
Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas, Allariz.jpg
Igrexa parroquial.
ParroquiaAugas Santas
ConcelloAllariz
Poboación51 hab. (2017)

Santa Mariña de Augas Santas é un lugar da parroquia de Augas Santas no concello ourensán de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 67 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 33 eran homes e 34 mulleres.

Patrimonio histórico-artístico[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición aquí foi decapitada no ano 139 a mártir cristiá Mariña de Augas Santas. No mesmo lugar onde foi decapitada erixiuse a igrexa parroquial baixo a súa advocación. A igrexa actual, construción románica de finais do século XII, posúe tres naves sen cruceiro, con falso triforio no interior, rosetóns na fachada e nas tres ábsidas. É unha ampliación sobre unha máis antiga que se fixo ó descubrirse os restos da Santa durante o reinado de Afonso II. O mausoleo da santa sitúase sobre o que se considerou o seu sepulcro. Ten unha lauda lisa sobre a terra, orixinaria do século XVIII. As imaxes son de Santa Mariña no centro e o seu carón Santa Marta e Santa Eulalia. Cabo da igrexa está o pazo de verán do bispo de Ourense.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Augas Santas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Augas Santas no concello de Allariz (Ourense)

Armeá | Ducí | Laioso | Outeiro de Laxe | Pazo | Santa Mariña de Augas Santas | O Souto | Tosende | Turzas | A Vila

Parroquias de Allariz[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Allariz

Allariz (Santiago) | Allariz (Santo Estevo) | Augas Santas (Santa Mariña) | Coedo (Santiago) | Os Espiñeiros (San Breixo) | Folgoso (Santiago) | Meire (Santa María) | Queiroás (San Breixo) | Requeixo de Valverde (Santa María) | San Mamede de Urrós (San Mamede) | San Martiño de Pazó (San Martiño) | San Trocado (San Trocado) | San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro) | Santa Baia de Urrós (Santa Baia) | Seoane (San Xoán) | Torneiros (San Miguel)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]