Sant Ferran de ses Roques
Sant Ferran de ses Roques é unha localidade de Formentera e unha das tres parroquias nas que se divide a illa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia inclúe o núcleo turístico de Es Pujols e as vendas[1] de Es Molí (s'Estany, sa Punta, ses Roques e ses Salines). A localidade de Sant Ferran pertence á venda de Ses Roques. A venda de Ses Salines inclúe as salinas de En Marroig, hoxe abandonadas, a península de Es Trucadors e as illas de s'Espalmador e s'Espardell, todo incluído no Parque Natural de ses Salines.
A localidade tiña 756 habitantes no censo de 2007, pero a maioría da poboación é diseminada. O total da parroquia ten 2.951 habitantes:
- Es Pujols (núcleo): 656 hab.
- Ses Salines (diseminado): 10 hab.
- Sant Ferran (núcleo): 756 hab.
- Sant Ferran (diseminado): 1.529 hab.
Sant Ferran atópase no centro da illa, no cruzamento entre as localidades de Sant Francesc, Es Pujols e El Pilar de la Mola, atravesado pola estrada principal que cruza a illa. Está nunha chaira entre os pequenos montes de Ses Roques, Sa Punta, o Molí d'en Teuet e Ses Mesquides, o lago Pudent e Es Pi d'es Català. En dirección nordés no límite entre Ses Roques e Sa Punta está a cala en Baster.
Entre Ses Roques i Es Pi des Català atópase a Cova d'en Jeroni, unha cova subterránea con forma de gran volta e coas clásicas formacións de estalactitas e estalagmitas.
Historia
[editar | editar a fonte]A área que actualmente ocupa Sant Ferran conta con poboación dispersa desde o século XVIII. En 1875 creouse a parroquia pero a igrexa non se construíu ata 100 anos máis tarde. A monarquía española pretendía que o templo se edificase nas Reais Salinas, que eran de titularidade reguenga desde a súa confiscación en 1715. O bispo quixo compracer a vontade real e isto foi en contra dos desexos e intereses dos fieis, que non vivían preto dos estanques, senón que vivían nas vendas de Sa Punta e Ses Roques, moi afastadas das salinas. Como resultado, Sant Ferran foi durante moitos anos unha parroquia sen igrexa rexida polo párroco de Sant Francesc. Finalmente, a igrexa foi inaugurada o 30 de xuño de 1889. O cemiterio comprendido dentro do mesmo terreo non se construíu ata 1903. A partir de entón foise consolidando o núcleo, que serviu de aglutinador da poboación dispersa de Ses Roques e Sa Punta.
Festividades
[editar | editar a fonte]- 30 de maio, festa de Sant Ferran.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A venda é un tipo de división territorial de Formentera, por debaixo da parroquia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cova d'en Jeroni (en catalán)
- Fonda Pepe (en inglés)