El Pilar de la Mola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do altiplano de La Mola dende a praia de Tramuntana.

El Pilar de la Mola é unha localidade de Formentera, nas illas Baleares, situada no centro do altiplano de La Mola, no leste da illa. Está nunha zona illada da illa, nun altiplano elevado e rodeado de cantís.

Forma unha das tres parroquias de Formentera. A poboación formouse arredor da igrexa consagrada da Nosa Señora do Pilar en 1784. O núcleo de poboación tiña 58 habitantes en 2007 pero a maioría da súa poboación é diseminada. En total tiña 991 habitantes, entre El Pilar de la Mola, La Mola e Es Caló.

O seu clima, con precipitacións máis frecuentes que no resto da illa, e a altura que o separa do mar, configuraron unha comunidade rural dedicada á agricultura. É unha das principais zonas de produción do viño da terra de Formentera.

Entre os seus lugares de interese destacan a igrexa da Mare de Déu del Pilar, do século XVIII, o Molí Vell e o Faro de la Mola.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Coordenadas: 38°40′0″N 1°33′25″L / 38.66667, -1.55694