Sant Francesc de Formentera
Aparencia
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Illas Baleares | |||
| Concello | Formentera | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 6.445 (2025) | |||
| Xeografía | ||||
| Altitude | 40 m | |||
| Santo padrón | Francisco Xavier | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 07860 | |||
| Código INE | 07024000700 | |||

Sant Francesc de Formentera é a capital e a vila principal de Formentera, sede do concello e dos principais servizos da illa. Forma unha das tres parroquias de Formentera.
Segundo o padrón municipal de 2006, tiña 931, pero a maioría de poboación está dispersada.
Historia
[editar | editar a fonte]Despois do repoboamento a principios do século XVIII, a poboación estableceuse ao redor da antiga capela de sa Tanca Vella e construíuse un novo templo que á vez servía de fortaleza para refuxiarse. Foi inaugurado o 15 de maio de 1726 e dedicado a Sant Francesc Xavier. Na contorna da igrexa construíronse as primeiras casas que se denominaban Poble de Formentera.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Sant Francesc, século XVIII.
- Capela de sa Tanca Vella, século XIV, dedicada a Sant Valero.
- Muíños de sa Miranda. Preto de Sant Francesc, atópanse os muíños de fariña de sa Miranda. Desde os muíños tense unha ampla panorámica onde se atopan estaños, brazos de terra e mar: l'estany des Peix, l'estany Pudent, es Pujols, o Parque Natural de ses Salines, e Trucadors.
- Museu d'Etnografia de Formentera
Festividades
[editar | editar a fonte]- 25 de xullo, festa de San Xaime, patrón de Formentera.
- 3 de decembro, festa de San Francisco Xavier.
