San Tomé de Nogueira, Meis
San Tomé de Nogueira | |
---|---|
San Tomé de Nogueira | |
Concello | Meis[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°30′43″N 8°42′15″O / 42.51202846, -8.70425241 |
Poboación | 655 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Tomé de Nogueira é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Meis na comarca do Salnés. Segundo o INE en 2016 tiña 655 habitantes (326 homes e 329 mulleres), o mesmo número ca en 2008.
Transporte
[editar | editar a fonte]A parroquia está atravesada pola PO-531 (Pontevedra-Vilagarcía de Arousa), e nela nace a PO-300, que segue cara a Cambados.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O exterior da igrexa non presenta nada de interese, pero no interior posúe unhas pinturas góticas (do século XVI) que representan a Anunciación, no centro da ábsida; a Adoración dos Reis Magos, no lado da Epístola (aínda que a imaxe de Melchor foi destruída para abrir un arco); e o Nacemento de Xesús, no lado do Evanxeo. Na bóveda represéntase o sol e a lúa.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Tomé de Nogueira
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Tomé de Nogueira no concello de Meis (Pontevedra) | |
---|---|
Arcos | O Mosteiro | Nogueiró de Abaixo | Nogueiró de Arriba | O Pazo |