San Juan de Ortega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
San Juan de Ortega
Escudobarriosdecolina.gif
San Juan de Ortega - Iglesia 7168900.jpg
Localización
San Juan de Ortega en España
San Juan de Ortega
San Juan de Ortega
San Juan de Ortega en Provincia de Burgos
San Juan de Ortega
San Juan de Ortega
PaísFlag of Spain.svg España
Comunidade AutónomaCastela e León Castela e León
ProvinciaBurgos
Xeografía
Altitude1007 msnm
Demografía
Poboación17 habitantes [1]
Outros datos
Código postal09199
AlcaldeJosé Manuel Pérez Rodríguez, (PSOE)
San Juan de Ortega

San Juan de Ortega é unha localidade española do concello burgalés de Barrios de Colina, na comarca de Sierra de la Demanda (Castela e León. En xaneiro de 2013 tiña 17 habitantes.[1] As outras aldeas do concello son Barrios de Colina e Hiniestra.

San Juan de Ortega administrativamente defínese como Entidade Local Menor ou Xunta Veciñal. . O Camiño de Santiago fai desta pequena aldea un punto de encontro nunha contorna tranquila e rica en patrimonio cultural e ambiental. Nos meses de primavera e verán os turistas e peregrinos que chegan á aldea superan as 100 persoas diarias.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigo municipio de Castela a Vella no Partido de Burgos código INE-095130 que no Censo de 1842 tiña 20 fogares e 46 veciños. Entre o Censo de 1857 e o anterior, este municipio desaparece porque se integra no municipio 09044 Barrios de Colina.

Mosteiro[editar | editar a fonte]

Mosteiro.

Juan de Velázquez, relixioso que pasou á historia como San Juan de Ortega, naceu no pobo burgalés de Quintanaortuño no ano 1080. Entregouse plenamente durante a súa vida á tarefa de axudar aos peregrinos coa construción de calzadas e pontes, pero a súa gran obra fixouna nos Montes de Oca coa construción dunha Igrexa dedicada a San Nicolao de Bari e un pequeno Mosteiro. O Santo faleceu o 2 de xuño ano 1163 e a súa obra non terminou coa súa morte, senón que continuou durante anos para poder consolidar un complexo monacal co que hoxe nos atopamos.

O Mosteiro de San Juan de Ortega configúrase coa Igrexa Monacal, Capela de San Nicolás de Bari ou Capela do Santo, Claustro dos Xerónimos e Refuxio de Peregrinos no cal atopamos un pequeno claustro de pedra avermellada.

Parroquia[editar | editar a fonte]

Igrexa parroquial de San Nicolao de Bari no arciprestado de San Juan de Ortega, diocese de Burgos. De estilo románico prodúcese unha mensaxe simbólica dos construtores medievais, con quen están moi relacionados os aparelladores e os mestres de obras, único en occidente. Nos dous equinoccios, un raio de sol ilumina ás 5 da tarde o capitel da Anunciación, apreciándose que a Virxe María diríxese á luz e non a San Gabriel como é tradicional.

A igrexa foi declarada Ben de Interese Cultural na categoría de Monumento o 3 de xuño de 1931.[2]

Capitel da Anunciación[editar | editar a fonte]

Neste capitel románico que narra o ciclo da natividade prodúcese un fenómeno curioso que para poder ser apreciado dependerá das condicións climáticas, dado que un raio de sol ilumínao secuencialmente o 21 de marzo e 22 de setembro ás 5 da tarde hora solar.

Festas e costumes[editar | editar a fonte]

O día 2 de xuño, festividade de San Juan de Ortega celébrase todos os anos a famosa romaría na súa honra, congregando 26 pobos da comarca, que acoden cos seus pendóns. A animación está asegurada ao coincidir con día de feira e mercado, con abundantes postos. Tamén participa o colexio de Aparelladores, cuxo patrón é este santo.

Acoden os seguintes pobos:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 03 de xaneiro de 2016. 
  2. Ministerio de Cultura.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Concello de San Juan de Ortega