San Jose Earthquakes
San Jose Earthquakes | |||
---|---|---|---|
Nome | San Jose Earthquakes | ||
Alcume(s) | Quakes | ||
Fundación | 1995 | ||
Estadio | Avaya Stadium San Jose, California Estados Unidos | ||
Inauguración | 22/03/2015 [1] | ||
Capacidade | 18,000 | ||
Propietario | Earthquakes Soccer, LLC | ||
Adestrador | Dominic Kinnear | ||
Liga | Major League Soccer | ||
2015 | Leste: 7º Global: 13º Playoffs: Non clasificado | ||
Na rede | |||
http://www.sjearthquakes.com/ | |||
| |||
O San Jose Earthquakes é un club de fútbol profesional que xoga na Major League Soccer. É o equipo da cidade de San Jose, California polo que xoga na Conferencia Oeste. Foi un dos dez equipos que xogaron a tempada inaugural da MLS en 1996, xogando o partido inicial fronte ó DC United. O equipo ten catro títulos oficiais entre eles dous MLS Cup. Nos seus comezos o equipo chamábase San Jose Clash, no ano 2000 a franquía pasouse a chamar San Jose Earthquakes.
Historia
[editar | editar a fonte]Era San Jose Clash
[editar | editar a fonte]A historia do Clash comezou coa asignación de Eric Wynalda ó equipo californiano, só un día despois de que se convertese no máximo anotador da selección nacional [2]. O primeiro partido na historia da MLS (o 6 de abril de 1996) foi un San Jose Clash fronte ó DC United, o partido contou coa asistencia de 31,683 seareiros, e rematou con vitoria local cun solitario gol de Wynalda. Na súa primeira tempada a franquía conseguiu a primeira clasificación para os playoffs, pero foi eliminado nas semifinais de conferencia. John Doyle foi nomeado como mellor defensa do ano [3].
A tempada seguinte non foi tan boa e os Clash remataron na última posición da conferencia oeste e tamén da táboa xeral. No ano 1998 o equipo mellorou os resultados pero tampouco puido lograr a clasifación para as roldas eliminatorias. O ano 1999 trouxo o troco de propietarios, tras a compra da compañía polos propietarios do New England Patriots da NFL [4]. Pero este cambio non trouxo variacións ós resultados do equipo que volveron a quedar fóra dos playoffs. Nesta mesma tempada houbo tres adestradores diferentes.
Rexurdimento do San Jose Earthquakes
[editar | editar a fonte]No ano 2000 os directivos da franquía decidiron volver ó nome de San Jose Earthquakes, que xogara na NASL o século pasado. A pesar do cambio, a tempada non foi boa e os Earthquakes foron o peor equipo da MLS [2]. Despois de varios anos de fracasos, a tempada do 2001 por fin sería para non olvidala. O éxito foi posíbel coa entrada de novos investidores dende Silicon Valley, Frank Yallop foi nomeado novo adestrador e liderou unha gran remodelación no equipo. Tras rematar segundo na conferencia oeste, clasificáronse ás roldas eliminatorias. Nos cuartos de final superaron ó Columbus Crew e na semifinal ó Miami Fusion F.C., a final celebrouse en Columbus, Ohio contra un dos seus rivales de conferencia, Los Angeles Galaxy. Despois de noventa minutos a final rematou cun un a un, polo que o partido pasou a prórroga na que no minuto noventa e seis, Dwayne De Rosario marcou o gol de ouro que lle deu a primeira MLS Cup na historia do San Jose Earthquakes.
Na seguinte tempada tocaba defender o título, na fase regular o equipo respondeu ben, clasificándose de novo ós playoffs. A franquía participou por primeira vez na Liga de Campións da CONCACAF eliminando nos oitavos de final ó CD Olimpia de Honduras, pero na seguinte rolda caeu eliminado fronte ó Pachuca C.F. mexicano. Nos cuartos de final da MLS os Earthquakes víronse superados polo Columbus Crew. Joe Cannon foi nomeado mellor cancerbeiro da MLS. O ano 2003 foi un ano espectacular para os de San Jose, remataron primeiros na conferencia oeste, nos cuartos de final tocoulles Los Angeles Galaxy nos que perdían por un global de catro goles a cero no minuto vinte do segundo partido, pero os californianos conseguiron unha espectacular remontada finalizada cun gol de ouro de Rodrigo Faria [5]. Tras eliminar o Kansas avanzaron ata a final fronte o Chicago Fire. Conseguiron adelantarse con goles de Ronnie Ekelund e Landon Donovan, pero os de Chicago recortaron distancias, cun gol de DaMarcus Beasley que foi respondido ó minuto con outro gol de Richard Mulrooney, volveron a recortar distancias os de Chicago cun gol en propia meta de Chris Roner e finalmente sentenciou o marcador Donovan, para rematar cun catro a dous. O porteiro Pat Onstad foi nomeado como mellor xogador da liga na súa posición.
No ano 2004 a estrela do equipo, o internacional Landon Donovan, marchou a Alemaña para xogar no Bayer Leverkusen. O ano seguinte, os Quakes foron elimandos nos cuartos de final, a pesar diso o canadense Pat Onstad foi nomeado como mellor cancerbeiro da liga. Tras a súa gran tempada regular o equipo gañou a súa primeira Supporter's Shield. Os xogadores e corpo técnico foron trasladados a Houston para xogar no Houston Dynamo [6].
Renacemento
[editar | editar a fonte]Xa no ano 2007 a "nova" franquía comezou a tomar forma, Frank Yallop volvería a exercer como adestrador dos Quakes, anunciouse que o equipo xogaría coma local no Buck Shaw Stadium en Santa Clara, California. Os de San Jose comezaron o ano 2008 recuperando ó meta Joe Cannon, pero este renacemento non foi fácil quedándose a sete puntos das roldas eliminatorias. Os malos resultados repetíronse a tempada seguinte. Na ano 2010 a franquía californiana retornou ás roldas eliminatorias, eliminando na primeira rolda ó New York Red Bulls que fora o mellor equipo da conferencia oeste, pero caeu nas semifinais fronte ó que ía ser o campión o Colorado Rapids [7]. Esa mesma tempada Chris Wondolowski gañou a bota de ouro da MLS con dezaoito goles. Pero na tempada seguinte volvéronse a ver as deficiencias do equipo e quedarónse a once puntos das roldas eliminatorias. Sorprendentemente no ano 2012 os Quakes fixeron a mellor fase regular da súa historia con sesenta e seis puntos e gañou a súa segunda Supporter's Shield na súa historia. Pero nos playoffs as cousas non foron tan ben, na primeira rolda enfrontáronse ó seu rival californiano Los Angeles Galaxy e perderon no cómputo global por dous goles a tres. Pero tras esta gran tempada chegaron os premios individuais, o internacional estadounidense Chris Wondolowski gañou a súa segunda bota de ouro da MLS e ademais foi nomeado como xogador máis valioso da MLS e Frank Yallop gañou o premio de mellor adestrador da MLS.
No 2013 anunciouse a marcha en metade de tempada de Frank Yallop e Mark Watson tomou o seu lugar, na Liga de Campións da CONCACAF o equipo avanzou ata os cuartos de final onde foi eliminado nos penaltis polo Toluca mexicano. Na competición doméstica o equipo rematou sexto na conferencia e quedou fora dos playoffs pola diferenza de goles. O 22 de marzo de 2015 os Quakes estrearon o Avaya Stadium gañando por dous goles a un ó Chicago Fire.
Xogadores [8][9]
[editar | editar a fonte]
|
|
†Este xogador está cedido polo Lobos BUAP.
Xogadores cedidos
[editar | editar a fonte]- Mark Sherrod no Sacramento Republic FC.
- Adam Jahn no Sacramento Republic FC.
- Tommy Thompson no Sacramento Republic FC.
- Leandro Barrera no Club Atlético San Martín.
Títulos
[editar | editar a fonte]- MLS Cup (2): 2001 e 2003.
- Supporter's Shield (2): 2004 e 2012.
Récords
[editar | editar a fonte]Historia
[editar | editar a fonte]- Partidos: 250 Ramiro Corrales
- Goles: 107 Chris Wondolowski
- Asistencias: 47 Ronald Cerritos
- Porterías imbatidas: 47 Joe Cannon
Tempada
[editar | editar a fonte]- Goles: 27 Chris Wondolowski
- Paradas: 138 Jon Busch
Museo da fama
[editar | editar a fonte]- John Doyle dende o 2005
- Ronald Cerritosdende o 2010
- Troy Dayak dende o 2011
- Paul Child dende o 2012
- Momčilo Gavrić dende o 2013
- Johnny Moore dende o 2014
- Ramiro Corrales dende o 2015
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://stadiumdb.com/stadiums/usa/avaya_stadium
- ↑ 2,0 2,1 http://www.sjearthquakes.com/club/history
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2016. Consultado o 02 de maio de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 02 de maio de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 02 de maio de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 02 de maio de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2016. Consultado o 02 de maio de 2016.
- ↑ http://www.sjearthquakes.com/players
- ↑ http://www.transfermarkt.es/san-jose-earthquakes/startseite/verein/218