Froitoso de Braga
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII Toledo, España |
Morte | 16 de abril de 665 Braga, Portugal |
Bispo de Dumio | |
656 – Diocese: Diocese de Dumium | |
Arcebispo | |
Abade | |
Bispo | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Alumnos | Baldario (en) |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 16 de abril |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Católica |
Froitoso de Braga[1], ou Frutuoso[1], nado c. 600 e finado en Braga o 16 de abril de 665, foi un monxe e bispo de Dume. É venerado como santo pola Igrexa católica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no último decenio do século VI, ou primeiros anos do VII, no seo dunha familia da aristocracia visigoda, probablemente na corte de Toledo ou no Bierzo.
Coñécese da súa vida por san Valerio, un dos seus discípulos, monxe copista e escritor que a escribe a súa biografía inmediatamente logo da súa morte. Na obra Vita Sancti Fructuosi destácanse case unicamente os aspectos da vida monacal, esquecendo a súa actuación como bispo que houbo de ter grande importancia e a súa intervención na vida civil e relixiosa do goberno visigodo na Gallaecia e Hispania.
En 1102 o bispo Diego Xelmírez levou da igrexa de Rebordáns (Tui) as reliquias de San Froitoso á catedral de Santiago de Compostela, onde foi enterrado solemnemente na cripta da catedral, xunto coas doutros santos veneradas na diocese de Braga.[2]
A catedral de Santiago de Compostela celebra a solemnidade litúrxica da translación o 16 de decembro. Actualmente o santo pode ser venerado na capela das Reliquias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18.
- ↑ "La iglesia de San Bartolomé, joya del románico", artigo de Antonio Bouzón no Faro de Vigo, 25 de outubro de 2003 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díaz y Díaz, Manuel (1974). Diário do Minho, ed. La Vida de San Fructuoso de Braga. Estudio y edición crítica. Braga.
- Gomes dos Santos, Domingos Marício (1968). "Problemas e hipóteses na vida de S. Frutuoso". Bracara Augusta 22: 163–192.