Fame Neghra
Fame Neghra | |
---|---|
Orixe | Santiago de Compostela, Galiza ![]() |
Xénero(s) | Rock, Hardcore punk |
Selo(s) discográfico(s) | Lixo Urbano, Treboada, Potencial H.C., Autoeditado |
Na rede | |
![]() ![]() |
Fame Neghra é un grupo galego formado na cidade de Santiago de Compostela no ano 1989, aínda que non debutou ao vivo con ese nome até o 1 de maio de 1991. Practicaron hardcore punk en galego nos anos 90 e pertence á mesma xeración de bandas de Hardcore de Mol, Dirty Barriguitas, Irmandiños e Néboa. Dos seus integrantes xurdiron máis tarde novas bandas como Samesugas, Japón 84, The Homens e Grampoder.
Historia[editar | editar a fonte]
Gravaron dúas maquetas producidas por eles mesmos: a primeira, Kaña en Loita (Autoeditado, 1990) e a segunda un ano despois: Antes Mortos (Autoeditado, 1991).
Xa en 1992 gravan o 7" EP de catro temas Benvidos a Famelandia (Potencial H.C. / Treboada, 1992) e un ano despois o split Fame Neghra / Dirty Barriguitas 7" (Treboada, 1993). De aí xorde unha digresión pola Galiza e parte do Estado onde van gañando recoñecemento na escena Hardcore.
Cara 1994 reducen a súa presenza nos escenarios sen que por iso se resinta a súa produción, compondo unha certa cantidade de temas que van aparecendo en diversas compilacións en casete. C'O neno carburador (Lixo Urbano, 1998) achégase a un son virado cara un punk rock máis ecléctico.
Membros[editar | editar a fonte]
- Ramón Rúa, batería
- Álex García Carril, guitarra
- Suso Fandiño, baixo e voz.
- Óscar Ínsua, guitarra (primeiras maquetas)
- Martinho, trompeta e guitarra (incorporado no 96-97)
Discografía[editar | editar a fonte]
- Kaña en Loita Casete, Maqueta (Autoeditado, 1990)
- Antes Mortos Casete, Maqueta (Autoeditado, 1991)
- Benvidos a famelandia 7" EP (Potencial H.C. / Treboada, 1992)
- Fame Neghra / Dirty Barriguitas 7" (Treboada, 1993)
- O neno carburador CD, Album (Lixo Urbano, 1998)
Participación en recompilatorios[editar | editar a fonte]
- Recopilacion Antikapitalista (Antitoxic Records, 1994, co tema "O Lado Apodrecido")
- Walkin' On The Wild Side (Olo Producciones, 1993, "Violencia Various")
- Killer Lixo Vol. 1 (Lixo Urbano, 1999, co tema "Onde estám?" e "Nom hai nada máis")
- Killer Lixo Vol. 2 - O Retorno do Lixo Assassino (Lixo Urbano, 2001 coa versión de No Means No "Beiços, línguas e pulmóns")
- Never Trust A Punk Volume II (Rumble Records, 2000, co tema "Matanza Em Porco Enterprises")