Sakae Osugi
Aparencia
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de xaneiro de 1885 Marugame, Xapón |
| Morte | 16 de setembro de 1923 Tokyo, Xapón |
| Causa da morte | homicidio |
| Ideoloxía política | Anarquismo e anarcosindicalismo |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, xornalista, esperantista, tradutor |
| Movemento | Anarquismo e anarcosindicalismo |
| Familia | |
| Cónxuxe | Yasuko Hori |
| Parella | Noe Ito |
| Cronoloxía | |
| 16 de setembro de 1923 | Incidente de Amakasu |
Sakae Osugi (en xaponés 大杉 栄,Ōsugi Sakae), nado en Marugame (Kagawa) o 17 de xaneiro de 1885 e finado en Tokyo o 16 de setembro de 1923, foi un anarquista e activista xaponés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1902, estudou literatura en Tokyo e comezou a mostrar interese polo cristianismo e o socialismo. Sakae Osugi traduciu moitos autores anarquistas occidentais ó xaponés e participou no desenvolvemento do esperanto.
Estivo no cárcere en varias ocasións. En 1923, foi executado sumariamente xunto co seu sobriño e con Noe Ito pola policía militar xaponesa durante o "Incidente de Akamasu", tralo Gran terremoto de Kantō.
Así mesmo, foi un forte defensor da lingua internacional esperanto.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ivan Širjaev; Ludoviko Kökény; Vilmos Bleier; Kálmán Kalocsay (1933-1934). Enciklopedio de Esperanto. Literatura Mondo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O movemento anarquista no Xapón (inclúese información de Sakae Ōsugi) (en inglés)
- Sakae Ōsugi en Aozora (en xaponés)
- Comparación entre Osugi e Bakunin (en inglés)
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
