Saltar ao contido

Saga do 21º torneo das artes marciais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Saga do 21º torneo das artes marciais é a segunda saga de ficción do manga e anime Dragon Ball. Nesta saga, Son Goku e Krilín son adestrados polo Mestre Mutenroi e participan no campionato mundial das artes marciais.

Adestramento antes do torneo

[editar | editar a fonte]

Esta saga comeza cando Son Goku vai á casa de Mutenroi, e pregúntalle se o pode adestrar nas artes marciais. Mutenroi negarase dicindo que xa hai moitos anos que non ten alumnos. Despois dun anaco, dille que o adestrará se lle trae unha rapariga pero Son Goku levaralle unha muller gorda e unha serea. Despois, Son Goku ve un bote no horizonte, que resulta ser Krilin, un rapaz que tamén se quere adestrar co Mestre Mutenroi (Krilín incluso lle leva unhas revistas pornográficas para subornalo). Finalmente, Mutenroi dilles que os adestrará se lle levan unha rapaza polo que Son Goku e Krilín van na Nube Kinto buscar unha (Krilín non pode subir nela polo que vai agarrado a Son Goku). Ó final, atopan unha ladroa de bancos loura chamada Lunch, que se transforma nunha rapaza de pelo azul e muda de personalidade cando esbirra. Despois de lla levar, Mutenroi comezará a adestrar ós dous rapaces, cun adestramento que consiste en:

  • Pola madrugada, erguéndose tódolos días ás 4 da mañá, reparti-lo leite por unha extensa illa atravesando ríos, árbores que fan de ponte, vales cheos de dinosauros e subindo centos de chanzos.
  • Pola mañá traballar en hortas coas mans.
  • Almorzar.
  • Estudar para exercitar tamén a mente.
  • Xantar.
  • Botar unha pequena soneca ata a 1:30.
  • Xa pola tarde axudar nunha obra, traballando cada un por 6 homes. Esta vez poden usar ferramentas.
  • Cruzar a nado un lago ateigado de quenllas.
  • Esquiva-las abellas dun cortizo estando atados a unha árbore.
  • No remate de cada día de adestramento toman a cea feita por Lunch.

A partir do segundo día, farán o mesmo adestramento cunha cuncha de tartaruga de 20 kg ás costas; ata que dean movido unha enorme rocha, que é cando trocarán a cuncha por outra de 40 kg.

Nun certo día de adestramento, Mutenroi chimpou unha pedra a un bosque enorme, e Son Goku e Krilin tiveron que atopala.

Despois de oito longos meses de adestramento, Son Goku, Krilín, Mestre Mutenroi, Bulma, Yamcha, Puar e Oolong van ó 21º torneo das artes marciais. Tras supera-las preliminares con facilidade, viñeron os cuartos de finais onde os combates quedaron do seguinte xeito:

COMBATE LOITADORES
1 Krilin contra Bacteria
2 Yamcha contra Jackie Chun
3 Son Goku contra Xiran
4 Nam contra Ranfan

Os cuartos de final

[editar | editar a fonte]

Krilin contra Bacteria

[editar | editar a fonte]

O rival de Krilin chámase Bacteria, e é o loitador máis fedorento do mundo, xa que non se lavou dende que naceu. Así Bacteria usa o seu cheiro repugnante e noxento para desconcentrar e deixar sen forzas a Krilin, que leva tódalas de perder ata que Son Goku lle lembra que ten o nariz enfeitizado e que non pode cheirar nada. Despois disto, Krilin vence a Bacteria sen dificultades pasando así a semifinais.

Yamcha contra Yackie Chun

[editar | editar a fonte]

Yamcha, ansioso da vitoria, realiza ataques ofensivos. Non obstante, quedará sorprendido pola incrible velocidade de Chun, xa que non consegue acertar un só ataque, incluíndo a súa mellor técnica: cairos de lobo. Daquela Chun contraataca varrendo a súa man cara a Yamcha. A forza do vento creado golpea a Yamcha e bótao fóra do tatami, aínda que en realiade non lle tocara. Yamcha abraiado por caer derrotado por un home vello, empeza a sospeitar de que Jackie Chun poida ser en realidade Mutenroi disfrazado. Así o misterioso Yackie Chun pasa a semifinais.

Nam contra Ranfan

[editar | editar a fonte]

Antes do combate Nam está preocupado e tómase o torneo moi en serio, polo que Yackie Chun usa unha técnica para lle le-la mente. Resulta que Nam é dunha aldea no deserto onde se perderon as colleitas por mor da secura. El, que é o home máis forte do seu pobo, recibiu tódolos cartos dos que dispuña a súa aldea para que puidera participar no torneo co obxectivo de mercar auga cos cartos do premio. Deste xeito eliminaría as dificultades da súa xente.

A Nam tócalle loitar contra Ranfan, unha rapaza atractiva que ten coma estratexia usa-los estereotipos femininos coma vantaxe. Así, cando Nam lle vai atacar, fai que se asusta e berra, polo que Nam achégase a ver se esta ben e ela atácalle sen piedade. Despois disto, Nam decide non facerlle caso e loitar sen compaixón, pero Ranfan, ó ver que xa non lle serve a súa táctica, íspese e queda en roupa interior. Nam perde a concentración e ponse nervioso chegando a recuar cara a tras. Ranfan camiña na súa dirección e Nam, que xa está na beira do tatami, pensa de novo nos seus amigos e familia da aldea, recuperando así a concentración para, cos ollos pechados, esquiva-lo ataque final de Ranfan e contraatacar deixándoa sen sentido e gañando o combate.

Son Goku contra Xiran

[editar | editar a fonte]

O combate comeza cunhas puñadas e unhas patadas, onde deseguido Son Goku chimpa a Xiran polos aires fóra dos límites do tatami pero este ó ter ás volta a el. Xirán, decide face-la súa mellor técnica que consiste en lanzar unha especie de goma pola boca co que rodea e inmobiliza a Son Goku. Despois cólleo e lánzao a gran distancia polo que ó non se poder mover, Son Goku chama á nube Kinton antes de toca-lo chan e regresa ó tatami. Porén os xuíces advirten que se volvía usa-la nube quedaría descualificado. Despois disto Xiran tenta golpear a Son Goku pero no momento do impacto agárrase ó brazo de Xiran co rabo, que lle saíu nese mesmo intre (perdérao no remate da saga de Pilaf). Son Goku, grazas ó encontro co rabo e polo tanto coa forza, esnaquiza a goma. Xiran ó ver esta fazaña, segundo el a goma era indestrutible, réndese dándolle o triunfo a Son Goku.

As Semifinais

[editar | editar a fonte]

Krilin contra Jackie Chun

[editar | editar a fonte]

O combate comeza con Krilin atacando. Realiza unha serie de ataques que Chun ten que evitar. Daquela, Chun pégalle unha puñada a Krilin sen que este poida reaccionar, polo que Krilin vai con máis coidado sendo así capaz de contraatacar. Os dous atéstanse golpes mutuamente que ninguén, agás Son Goku, é capaz de seguir, polo que o presentador pídelles que repitan a súa confrontación a cámara lenta.

Neste punto, Krilin vendo que no poderá derrotar a Chun nunha loita xusta, ten a idea de tirar unhas bragas ó chan. Chun non se pode controlar, e chímpase cara ás bragas polo que Krilin atácalle enviándoo polos aires fóra dos límites do tatami. Cando o presentador vai declara-la vitoria de Krilin, Chun fai unha Onda Vital (Kame Hame Ha) propulsándose novamente cara á pista, deixando a todos abraiados, agás Yamcha que agora está seguro de que Chun é realmente Mutenroi.

Finalmente, Krilin tenta atacar pero Chun desaparece deixando a súa imaxe e aparece detrás onde o golpea fortemente na caluga deixándoo tendido no chan e pasando á final.

Son Goku contra Nam

[editar | editar a fonte]

Comeza o combate e Nam ataca a Son Goku que o evita imitando a técnica da imaxe de Jackie Chun. A loita está moi igualada ata que a Son Goku ocórreselle xirar sobre si mesmo avanzando cara a Nam que ten que recuar, estando a piques de saír do tatami de non ser porque Son Goku cae ó chan mareado. Nam aproveita e salta a grande altura para así, unha vez na caída e usando toda a forza do seu corpo, golpear cos brazos en cruz o pescozo de Son Goku. Aínda que Nam di que ningún home pode espertar deste ataque antes de dez días, Son Goku érguese antes de que o presentador conte ata dez. Nam volve tentalo pero esta vez Son Goku ségueo polo que estando no aire non poden loitar. Son Goku ten unha idea, e chegando antes ó chan ca Nam, faille crer que poderá usar de novo o seu ataque, pero cando se achega á terra Son Goku esquívao e dunha patada bótao fóra do tatami.

Despois da loita, Nam, malia estar triste, dálle os seus parabéns a Son Goku. Cando xa vai marchar, Jackie Chun dálle unha cápsula Hoi-Poi e dille que poderá levar toda a auga que queira do pozo que hai alí sen pagar nada, xa que a auga é moi abundante nese país. Nam pregúntalle como é que sabe tanto e el respóndelle que é o mestre Mutenroi e que se apuntou ó torneo disfrazado para evitar que Son Goku e Krilin gañasen, xa que se o fixeran pensarían que son os máis fortes e deixarían de adestrar. Así demostraríalles que sempre hai algún loitador mellor. Ademais, Mutenroi pídelle que se disfrace del para que así Yamcha e os demais non dubiden de Jackie Chun.

O combate comeza con Yackie Chun atacando e, aínda que Son Goku consegue esquivalo de primeiras cun salto, cando está no aire recibe unha patada que o bota fóra dos límites do tatami. Non obstante conseguirá volver usando o rabo coma se fose a hélice dun helicóptero. Deseguido, os dous atacan con cadansúa Kame Hame Ha que ó chocaren anúlanse provocando un estoupido. Daquela, Chun desaparece deixando a súa imaxe, o que fai que Son Goku, ó coñecela técnica de antes, ataque á segunda imaxe. Porén, esta vez era un dobre espellismo polo que Chun aparece detrás e dunha patada guíndao contra a parede. Son Goku érguese e facendo un triplo espellismo bóuralle na cabeza. Despois disto, Chun usa a técnica do borracho coa cal vai golpeando a Son Goku sen que poida facer nada ata que se lle ocorre actuar coma un lobo para así darlle unha forte patada.

Tras isto, o combate inclínase a favor de Son Goku que finxindo ser un mono supera en todo a Yackie Chun polo que este decide durmilo cunha técnica de hipnose. Cando faltaba pouco para que fose eliminado, Bulma berra que a comida está preparada e Son Goku esperta. Tras ser atacado pola técnica "pedra, papel, tesoiras", Yackie Chun anóxase e decide realiza-la descarga mortal coa cal Son Goku está a piques de se render de non ser porque nese intre mira a lúa chea e transfórmase nun Oozaru facendo inútil a descarga. Todo o mundo foxe agás os amigos de Son Goku e o presentador. Yamcha e Puar téntanlle corta-lo rabo pero Chun usa a Kame Hame Ha, que parece matar a Son Goku pero que en realidade destrúe a lúa (un lobishome aparecería máis adiante para se vingar de Chun xa que a lúa era o único xeito de se poder transformar de novo nun home).

Yackie Chun queda esgotado polo que non pode facer máis ondas de enerxía. O combate prosegue e Son Goku está a piques de botalo fóra do tatami pero incriblemente, Chun sálvase. Despois de varias patadas e puñadas os dous danse á vez unha forte patada e quedan tendidos no chan. Ningún dos dous se dá erguido polo que o primeiro que se erga e diga "gañei eu" será o vencedor. Son Goku téntao pero non é quen de dicila frase polo que finalmente é Jackie Chun quen é declarado campión do mundo.

Así Mutenroi, tras agocharse e quita-lo disfrace, convida a todos a unha cea onde acabará gastando tódolos cartos do premio xa que Son Goku comería unha morea de pratos.

Cuartos de final Semifinais Final
                   
         
 Bactéria   
 
 Krilín  Oui  
 Krilín   
 
   Jackie Chun  Oui  
 Jackie Chun  Oui
 
 Yamcha     
 Jackie Chun    Oui 
 
   Son Goku   
 Nam  Oui
 
 RanFan     
 Son Goku  Oui
 
   Nam     
 Son Goku  Oui
 Xirán      

Capítulos no manga

[editar | editar a fonte]
  • Tomo 2: A fin da procura - capítulo 24
    • 24 - O adestramento de Mutenroi
  • Tomo 3: ¡Comeza o gran torneo! - capítulos do 25 ó 36
    • 25 - ¡Aparece un rival!
    • 26 - Unha rapariga misteriosa
    • 27 - Os esbirros de Lunch
    • 28 - ¡Comeza o adestramento!
    • 29 - Na procura da pedra de Mutenroi
    • 30 - O reparto do leite
    • 31 - O severo adestramento da Escola de Mutenroi
    • 32 - ¡Comeza o Gran Torneo das Artes Marciais!
    • 33 - ¡O poder do adestramento!
    • 34 - O máis forte do mundo
    • 35 - ¡A selección dos rivais!
    • 36 - O primeiro encontro
  • Tomo 4: O gran combate - capítulos do 37 ó 48
    • 37 - O segundo encontro
    • 38 - O terceiro encontro
    • 39 - O cuarto encontro
    • 40 - O rabo de Son Goku
    • 41 - Krilin contra Yackie Chun
    • 42 - ¡A gran batalla!
    • 43 - O misterioso Yackie Chun
    • 44 - Son Goku contra Nam
    • 45 - ¡A gran batalla aérea!
    • 46 - A gran final
    • 47 - Kame Hame Ha
    • 48 - Unha técnica de Son Goku
  • Tomo 5: A terrorífica Muscle Tower - capítulos do 49 ó 54
    • 49 - O contraataque de Yackie Chun
    • 50 - ¡A maior crise de Son Goku!
    • 51 - O turbulento Gran Torneo das Artes Marciais
    • 52 - O clímax achégase
    • 53 - O clímax
    • 54 - Volve a aventura

Episodios no anime

[editar | editar a fonte]
  • 14 - O rival de Son Goku
  • 15 - Lunch, a rapaza misteriosa
  • 16 - A procura da pedra
  • 17 - O reparto do leite
  • 18 - Adestramento intensivo
  • 19 - Listos prá Gran Final
  • 20 - As primeiras eliminatorias
  • 21 - Krilín en apuros
  • 22 - A pelexa de Yamcha
  • 23 - Xirán, o trampón
  • 24 - A hora da verdade pra Krilín
  • 25 - O combate aéreo
  • 26 - A gran final
  • 27 - A final do Gran Torneo das Artes Marciais
  • 28 - O remate do Gran Torneo