Saga do Exército de Red

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Saga do Exército de Red ou a Saga da Red Ribbon é a terceira saga de ficción do manga e anime Dragon Ball. Nesta saga, despois do Gran Torneo das Artes Marciais, Son Goku vai busca-la bóla de catro estrelas do seu avó Son Gohan que perdera na saga de Pilaf, comezando así unha nova aventura.

Xeralmente, adóitase dividir esta saga en varias subsagas, para que así sexan máis curtas.

Historia[editar | editar a fonte]

Son Goku, despois da cea á que foi convidado na saga anterior, comeza a súa viaxe para atopa-la bóla do dragón de catro estrelas do seu avó Son Gohan.

Primeiro atópase con Nam (o loitador que foi ó torneo para gaña-los cartos do premio e así mercar auga para a súa xente mais que acabaría derrotado por Son Goku) que está a busca-la razón pola que non chega nin pinga de auga á súa aldea nin ó río que pasa por alí. Así, os dous diríxense cara ó nacemento do río. Alí descobren que Xiran (o loitador que tamén foi derrotado por Son Goku no torneo) e os da súa raza fixeron un encoro que non deixa que chegue auga dabondo ó río. Serán Son Goku quen o teña que abrir cunha Onda Vital (Kame Hame Ha) xa que eles non podían. Porén, no deserto no que está a aldea de Nam desátase unha tormenta de area que fai desaparece-lo río. Aínda así, o chamado lago máxico achégase ata a aldea polo que esta se salva. Esta aventura só acontecería no anime.

O exército de Red[editar | editar a fonte]

Son Goku localiza unha das bólas co radar e diríxese cara a alí. Porén non é o único que as está a buscar xa que Pilaf e unha misteriosa patrulla andan tamén na súa procura. O lugar é unha vila mexicana, e Pilaf parece que é o primeiro en atopala xa que lla merca a un anticuario, aínda que ó se cruzar con Son Goku foxe cos seus serventes Shuu e Mai nunha especie de nave (cunha aparencia semellante á estrela da morte). Non obstante, aínda que Son Goku non os deixa escapar, resulta ser unha bóla falsa. Por outra banda, a patrulla dirixida polo coronel Silver rexistra mediante a forza tódalas casas da vila sen éxito. A verdadeira bóla atópase no niño dun paxaro que ó ser escorrentado por estes vaise levando a bóla consigo.

O paxaro e maila bóla son comidos por unha especie de dinosauro e este á súa vez e cazado por Gyūmaō, o pai de ChiChi, que está a vivir xunto á súa filla nunha vila dos redores e preparan o casamento entre ela e Son Goku (aínda que este non sabe nada disto). A persecución da bóla lévaos a todos cara a alí. Son Goku e ChiChi atópanse onda unha maceira e entrementres Pilaf, Mai e Shuu facéndose pasar por Son Goku introdúcense na voda e acadan a bóla do dragón dentro do dinosauro que foi capturado para o banquete. Ademais o coronel Silver e a súa patrulla atacan a vila e aínda que Gyūmaō é quen de se defender nun principio, ó final é atrapado. Pilaf e os seus serventes conseguen escapar na súa nave mais seguidos moi de preto por Silver. A nave de Pilaf agóchase baixo as areas do deserto na súa base secreta polo que consegue despistalos. Porén, Son Goku achégase ata alí e Pilaf ó tentalo atacar é descuberto polo que comezan a atacar. Aínda que tenta fuxir é derrotado e forzado a lle entrega-la bóla do dragón ó exército de Red (Red Ribbon) que desexa atopa-las bólas para domina-lo mundo. Son Goku que se atopaba no medio da batalla sálvase grazas á nube Kinto.

Coa nova bóla acadada, o coronel Red xa ten tres polo que manda a Silver busca-la seguinte.

Capítulos no manga[editar | editar a fonte]

  • Tomo 5: A terrorífica Muscle Tower - capítulos do 55 ó 60
    • 055 - A Red Ribbon
    • 056 - A loita polas bólas do dragón
    • 057 - Asalto á Muscle Tower
    • 058 - A terrorífica Muscle Tower
    • 059 - ¡O diaño do terceiro piso!
    • 060 - O ninja Murasaki
  • Tomo 6: ¡O fracaso de Bulma! - capítulos do 61 ó 72
    • 061 - ¡Unha técnica ninja! ¡Escudo de tatamis!
    • 062 - ¡Crise! A técnica dos outros eu
    • 063 - O Nº 8, o home robot
    • 064 - ¡O arrepiante Bullón do quinto piso!
    • 065 - A derrota de Bullón
    • 066 - ¡A fin da Muscle Tower!
    • 067 - Cara ó oeste
    • 068 - Bulma da Capital do Oeste
    • 069 - Bulma e Son Goku, segunda parte
    • 070 - ¡O grande erro de Bulma!
    • 071 - ¡Atopan a Kame House!
    • 072 -
  • Tomo 7: ¡Perseguindo ó coronel Blue! - capítulos do 73 ó 84
    • 073 - O erro do coronel Blue
    • 074 - A trampa dos piratas
    • 075 - A emboscada no porto dos piratas
    • 076 - Atopado o tesouro
    • 077 - Os ollos brillantes de Blue
    • 078 - ¡A gran fuxida!
    • 079 - ¡Fuxamos, fuxamos!
    • 080 - Rouban a bóla do dragón de tres estrelas
    • 081 - Persecución en Vila Pingüín
    • 082 - Estrágase o radar do dragón
    • 083 - Rouban o radar do dragón
    • 084 - A familia da Terra Sagrada de Karín
  • Tomo 8: Son Goku ó ataque - capítulos do 85 ó 96
    • 085 - O asasino Tou Pai Pai
    • 086 - Dodon-pa
    • 087 - A torre de Karín
    • 088 - Karín da torre de Karín
    • 089 - O poder da auga sagrada
    • 090 - O contraataque de Son Goku
    • 091 - Gran batalla na Terra Sagrada
    • 092 - A fin de Tou Pai Pai
    • 093 - O asalto de Son Goku
    • 094 - ¡Son Goku ó ataque!
    • 095 - ¡A morte do xeneral Red!
    • 096 - ¡O gran triunfo!
  • Tomo 9: As probas de Babá a adiviña - capítulos do 97 ó 108
    • 097 - A derradeira bóla do dragón
    • 098 - Babá a adiviña
    • 099 - Os cinco guerreiros
    • 100 - Un combate sanguento
    • 101 - O váter do diaño
    • 102 - A proba de Son Goku
    • 103 - A forza de Son Goku
    • 104 - O raio de Ackman
    • 105 - O quinto guerreiro
    • 106 - Dous rivais temibles
    • 107 - O rabo de Son Goku
    • 108 - Son Gohan
  • Tomo 10: O 22º gran torneo - capítulos do 108 ó 112
    • 109 - O novo desafío da banda de Pilaf
    • 110 - O gran plan de Pilaf
    • 111 - ¡De novo Shenron!
    • 112 - ¡Corre, Son Goku!

Episodios no anime[editar | editar a fonte]

  • 29 - O lago máxico
  • 30 - A falsa bóla
  • 31 - O reencontro con ChiChi
  • 32 - Trampas baixo a area
  • 33 - A lenda do dragón
  • 34 - O fracaso do coronel Silver
  • 35 - Fría recepción
  • 36 - O sarxento metálico
  • 37 - Chega o ninja Furamuros
  • 38 - Cinco Furamuros
  • 39 - O misterioso androide número 8
  • 40 - O terrible Bullón
  • 41 - A caída da torre de ferro
  • 42 - O segredo do doutor Flap
  • 43 - A viaxe á metrópole
  • 44 - Hasky, a mestra ladroa
  • 45 - Perigo no aire
  • 46 - O mal día de Bulma
  • 47 - Atopada a Kame House
  • 48 - Profundo mar azul
  • 49 - A sorpresa de Mutenroi
  • 50 - A trampa é saltada
  • 51 - Coidado co robot
  • 52 - O tesouro do pirata
  • 53 - Azul, negro e azul
  • 54 - O escape da cova do pirata
  • 55 - Vila Pingüín
  • 56 - Un estraño visitante
  • 57 - Arale contra Blue
  • 58 - A terra de Karín
  • 59 - O notorio mercenario
  • 60 - Tou Pai Pai ataca
  • 61 - A torre de Karín
  • 62 - A auga Sagrada
  • 63 - O retorno de Songoku
  • 64 - O derradeiro mercenario Tou Pai Pai
  • 65 - Combate contra o exército do xeneral Red
  • 66 - Un verdadeiro lazo
  • 67 - A fin do xeneral Red
  • 68 - A última bóla máxica
  • 69 - ¿Quen é a adiviña Babá?
  • 70 - Nós sómo-los cinco guerreiros
  • 71 - Combate á morte
  • 72 - A quenda de Son Goku pra loitar
  • 73 - ¿Que é o raio núcleo demoníaco?
  • 74 - O misterioso quinto loitador
  • 75 - Os máis fortes
  • 76 - As verdadeiras cores do home enmascarado
  • 77 - As tácticas de Pilaf
  • 78 - Sae o eterno dragón