Saltar ao contido

Sacavém

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSacavém
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°47′40″N 9°06′19″O / 38.79442, -9.10533
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Lisboa
ConcelloLoures
FreguesíaSacavém e Prior Velho (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación18.469 (2011) Editar o valor en Wikidata (4.847,51 hab./km²)
Xeografía
Superficie3,81 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude38 m Editar o valor en Wikidata
Creación1191 Editar o valor en Wikidata
Santo padrónSanta María Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal2685 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Sitio webjfsacavem.pt Editar o valor en Wikidata

Sacavém (do árabe: شقبان) é unha cidade de Portugal, situada na embocadura do río Texo, ao norte de Lisboa, con 17.659 habitantes e 3,81 km². Atópase a poucos quilómetros ós nordeste da capital portuguesa, Lisboa. A rexión é coñecida pola súa industria de cerámicas.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Localizada na parte oriental do concello de Loures, Sacavém limita coas freguesías de Unhos (noroeste), Camarate (oeste), Prior Velho (suroeste), Portela (sur) e Moscavide (sueste). Atópase bañada polos ríos Texo (polo leste) e Trancão, anteriormente chamado río de Sacavém (polo norte, separa esta freguesía da de Bobadela).

Freguesía bastante urbanizada, atópase tradicionalmente dividida en Sacavém de Cima e Sacavém de Baixo, aínda que recentemente xurdiron novas urbanizacións na cidade. Orograficamente, é un espazo pouco accidentado (ten só tres elevacións: o Monte do Convento, o Monte de Sintra e o Monte do Mocho), variando a súa altitude entre os cero e os sesenta metros.

Antigamente, a freguesía abranguía un espazo meirande, tendo perdido, ó longo do tempo, a xurisdición sobre as freguesías veciñas de São João da Talha, Bobadela, Camarate, Prior Velho, Portela, Moscavide, e Santa Maria dos Olivais. Administrativamente, antes de ser integrada no concello de Loures, formou parte do termo municipal da cidade de Lisboa, e despois (1852-1886), do concello dos Olivais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]