Sabaxáns, Mondariz
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sabaxáns.
| Sabaxáns | |
|---|---|
Igrexa de San Mamede de Sabaxáns. | |
| Concello | Mondariz[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°15′42″N 8°25′09″O / 42.261772116334, -8.4192180546819 |
| Poboación | 344 hab. (2013) |
| Entidades de poboación | 8[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Mamede de Sabaxáns é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o IGE en 2013 tiña 344 habitantes (181 mulleres e 163 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 433 habitantes.
No lugar da Portela, desta parroquia de Sabaxáns, levántase o denominado Carballo do Campo, un carballo excepcional, incluído dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia desde 2011. A árbore ten unha altura de 35,80 m e un diámetro do fuste de 3,75 m (a 1,30 m de altura) [2].
Non resulta posible confirmar que as seguintes cantigas se refiren a este carballo.
- Ó carballo da Portela/ pónselle a folla vermella: foi que veu por riba dil/ o demo dunha centella [3].
- O carballo da Portela/ ten a folla revirada/ que lla revirou o vento/ unha mañán de xiada [4].
- O carballo da Portela/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha mañá de xiada [5].
- O carballo da Portela/ ten tres carros de madeira,/ un é meu e outro é teu,/ outro é de quen o queira [6].
- O carballo da Portela/ xa non ten folla ningunha/ porque llas levou o vento/ seica todas, unha a unha [5].
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Sabaxáns
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Sabaxáns no concello de Mondariz (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A Chan de Fornos | O Costal | O Coto | O Cruceiro | Ermelo | A Grela | A Igrexa | A Portela |
Parroquias de Mondariz
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Galiciaconfidencial.com". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2016. Consultado o 24 de novembro de 2016.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 116. No orixinal: de íl, de unha.
- ↑ Fermín Bouza Brey 1929, 162.
- 1 2 Xaquín Lorenzo Fernández, 116.
- ↑ Bouza Brey 1929, 162. Recollida en Vilagarcía, onde o Nomenclátor non recolle ningún lugar con ese nome.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
- LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.