Mouriscados, Mondariz
| Mouriscados | |
|---|---|
Vista xeral do Campo do Mouro, principal núcleo da parroquia | |
| Concello | Mondariz[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°11′20″N 8°24′46″O / 42.188834315104, -8.4127855812441 |
| Poboación | 267 hab. (2013) |
| Entidades de poboación | 8[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Cibrán de Mouriscados é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 267 habitantes (141 mulleres e 126 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2005 cando tiña 311 habitantes. Por esta parroquia pasa a N-120, que comunica Vigo e Ourense.
Historia
[editar | editar a fonte]
Nos lugares de Couto do Santo e Campo de Mouro atopáronse restos de cerámica castrexa e tegulas romanas, sobre os que hai varias lendas.[2]
A igrexa parroquial, adicada a San Cibrán, data do século XVII. Dela partía un antigo viacrucis que ía ata o outeiro do Calvario.[3] Anterior a esta igrexa existiu outra situada no «Couto da Igrexiña».[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Cruceiro e peto de ánimas de Mouriscados, peto de ánimas pechado con cruceiro por detrás del.
- Castro de Campo de Mouro
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Mouriscados
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Mouriscados no concello de Mondariz (Pontevedra) | |
|---|---|
|
O Campo do Mouro | Crespos | Fontán | Fontebalán | A Lamela | Poñe | A Porteliña | Zamorelle |
Parroquias de Mondariz
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- 1 2 Guisado Nogueira, Jose (1988). Mondariz: historia, guía y hechos pasados. ISBN 84-86845-53-X.
- ↑ "Arte Relixioso de Mouriscados". Vive Mondariz. 22 de agosto de 2007.