Saltar ao contido

Sabas Calvillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSabas Calvillo
Nome orixinalSabas Calvillo Velasco
Biografía
Nacemento1945 Editar o valor en Wikidata (78/79 anos)
Cidade Real, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalLicenciado en Ciencias Económicas, estudos de música e dirección de orquestra
Actividade
Ocupacióndirector de orquestra, director de coro Editar o valor en Wikidata


Sabas Calvillo Velasco, nado en 1945 en Cidade Real,[1] é un director de orquestra e director de coro español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sabas Calvillo é licenciado en Ciencias Económicas,[2] e cursou estudos musicais (piano, harmonía, composición e dirección de orquestra) no Conservatorio Superior de Música de Madrid. Formouse na dirección coral con Oriol Martorell, Erwin List e Michel Coboz. Ampliou estudos de dirección orquestral en Siena, Salzburgo e Viena.[3]

Entre outros cargos foi axudante de dirección de José Ignacio Prieto e Pablo Colino, director do Coro Nacional de España, da Joven Orquesta de Cámara, e foi o director fundador do Coro y Orquesta "Ars Nova",[3] así como director fundador, en 1992, da Orquestra Sinfónica de Galicia.[2]

Así mesmo, foi profesor de concertación da Escuela Superior de Canto de Madrid, da que, posteriormente, e até a súa xubilación, foi catedrático de Ópera e Oratorio.[2][4][5]