STS-88

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-88
Lanzamento da misión STS-88.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento4 de decembro de 1998, 8:35 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión11,80 días[6]
Obxectivo da misiónPrimeira misión de montaxe da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso15 de decembro de 1998[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1998-069A

STS-88 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 4 de decembro de 1998 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-88, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para unirse ao módulo base da Estación Espacial Internacional, Zarya, por primeira vez e acoplar o módulo Unity, tamén coñecido como Nodo 1. Unha vez unidos, Zarya e Unity formaron o núcleo arredor do cal se construiría o resto da estación. Ao final da súa misión o transbordador soltou os satélites MightySat-1 e SAC-A. A tripulación estaba formada polo comandante Robert D. Cabana, o piloto Frederick W. Sturckow e os especialistas de misión Nancy J. Currie, Jerry L. Ross, James H. Newman e Sergei K. Krikalev.[3][5][6][7]

O transbordador permaneceu 12 días no espazo, levándose a cabo tres actividades extravehiculares para cablear e instalar diferentes elementos. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 15 de decembro de 1998.[3][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 88" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 17 June 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-86422(E)). 21 de xullo de 1999: 4. Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 88" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-88 / ISS-2A" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-88" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (10 de febreiro de 2010). "STS-88" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]