Robert D. Cabana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert D. Cabana
Datos persoais
Nacemento23 de xaneiro de 1943
LugarMinneapolis
NacionalidadeEstadounidense
Actividade
MisiónsSTS-41, STS-53, STS-65 e STS-88
Tempo no espazo37,95 días
PremiosDistinguished Flying Cross, United States Astronaut Hall of Fame e Medalha de Serviço Distinto da NASA
editar datos en Wikidata ]

Robert Donald Cabana é un astronauta estadounidense que participou nas misións STS-41, STS-53, STS-65 e STS-88. Pasou un total de 37,95 días no espazo.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cabana naceu o 23 de xaneiro de 1949 en Minneapolis (Minnesota). É graduado en matemáticas pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1971. Está casado con Nancy Joan Shimer e ten tres nenos. Entre as súas afeccións están as carreiras de obstáculos, o ciclismo, a navegación a vela e o voo. É membro da Sociedade de Pilotos de Proba Experimentais, do Instituto Americano de Aeronáutica e Astronáutica e da Asociación de Exploradores Espaciais.[1][2]

Foi seleccionado como candidato pola NASA en xuño de 1985 e pasou a ser astronauta oficialmente en xullo de 1986. Formou parte da tripulación das misións STS-41, STS-53, STS-65 e STS-88.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "Robert D. Cabana (COLONEL, U.S. MARINE CORPS, RET.) DIRECTOR, KENNEDY SPACE CENTER" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2018. Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Cabana, Robert Donald" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]