Saltar ao contido

STS-86

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-86
Lanzamento da misión STS-86.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento26 de setembro de 1997, 2:34 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión10,81 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Mir.[3][6]
Regreso6 de outubro de 1997[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1997-055A

STS-86 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 26 de setembro de 1997 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-86, con seis astronautas (James D. Wetherbee, Michael J. Bloomfield, Vladimir G. Titov, Scott E. Parazynski, Jean-Loup Chrétien, Wendy B. Lawrence e David A. Wolf) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir para transferir subministracións e tripulación e facer experimentos a bordo. O Atlantis, o día da partida, voou arredor da estación para buscar unha fuga no módulo Spektr causada pola colisión dunha nave Progress.[3][5][6][7]

O Atlantis chegou á estación o 27 de setembro. Durante a súa estancia tivo lugar a primeira actividade extravehicular conxunta entre un astronauta estadounidense e un cosmonauta ruso e transferíronse máis de catro toneladas desde o módulo Spacehab do transbordador á Mir. Tamén se fixeron unha serie de probas para estudar a resistencia estrutural da estación e varios experimentos a bordo.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 6 de outubro de 1997 con Michael Foale a bordo e deixando a Wolf na Mir.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 86" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 12 June 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-54610(E)). 24 de xuño de 1998: 7. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 86" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-86" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-86" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  7. 1 2 3 NASA (26 de outubro de 2010). "STS-86" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]