STS-74
| STS-74 | |
|---|---|
Lanzamento da misión STS-74. | |
| Tipo | Tripulado |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 12 de novembro de 1995, 12:30 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
| Duración da misión | 8,19 días[6] |
| Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Mir.[3][6] |
| Regreso | 20 de novembro de 1995[6] |
| Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
| NSSDC ID | 1995-061A |
STS-74 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 12 de novembro de 1995 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-74, con cinco astronautas (Kenneth Cameron, James D. Halsell, Jerry Ross, William S. McArthur e Chris Hadfield) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, intercambiar equipamento e facer experimentos.[3][5][6][7]
A misión foi a segunda na que un transbordador se acoplou á Mir das sete planificadas entre 1995 e 1997. O Atlantis levou ata a estación un módulo específico para o acoplamento dos transbordadores coa estación e dous paneis solares, así como subministracións e diverso equipamento, e levou de regreso a terra mostras de experimentos, equipamento para a súa reparación e análise e produtos fabricados na estación. A bordo tamén ía o instrumento GPP para o estudo da termosfera terrestre, a ionosfera e a mesosfera.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 20 de novembro de 1995.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 74" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- 1 2 "Note verbale dated 4 June 1996 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-4590T). 28 de xuño de 1996: 15. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 74" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-74" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-74" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 NASA (1 de abril de 2010). "STS-74" (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-74 |