Saltar ao contido

STS-71

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-71
Lanzamento da misión STS-71.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento27 de xuño de 1995, 19:32 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión9,81 días[6]
Obxectivo da misiónPrimeiro acoplamento entre un transbordador e a estación espacial Mir.[3][6]
Regreso7 de xullo de 1995[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1995-030A

STS-71 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 27 de xuño de 1995 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-71, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para realizar o primeiro acoplamento entre un transbordador espacial e a estación espacial rusa Mir, dando comezo a unha colaboración de varios anos. A tripulación estaba formada polo comandante Robert L. Gibson, o piloto Charles J. Precourt, os especialistas de misión Ellen S. Baker, Bonnie J. Dunbar e Gregory J. Harbaugh e os compoñentes da misión Mir 19, Anatoli Soloviev e Nikolai Budarin.[3][5][6][7]

O acoplamento tivo lugar ás 9:00 EDT do 29 de xuño co método R-Bar (que minimiza o gasto de propelente) no que o Atlantis aproximouse á estación directamente desde abaixo, seguindo o radio vector da Terra. O piloto, Gibson, tomou o control manual do transbordador cando estaban a uns 800 m de distancia da estación. O acoplamento tivo lugar dentro das marxes de seguridade e sen problemas na vertical do lago Baikal. Unidos, o Atlantis e a Mir formaron o conxunto máis pesado (225 toneladas) en órbita ata aquel momento. Durante os cinco días que estiveron unidos se transferiu equipamento entre unha nave e outra e se fixeron diversos experimentos biomédicos e físicos utilizando o módulo Spacelab da bodega do transbordador.[3][5][6][7]

O Atlantis separouse da Mir o 4 de xullo para reiniciar a reentrada atmosférica. A bordo ían Norman E. Thagard, Vladimir Dezhurov Gennadi Strekalov, os compoñentes da misión Mir 18, en substitución de Soloviev e Budarin, que quedaron na Mir, polo que o Atlantis regresou con oito astronautas, tomando terra no Centro Espacial Kennedy o 7 de xullo de 1995.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 71" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 10 October 1995 from the Alternate Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-58417T). 18 de outubro de 1995: 8. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 71" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-71" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-71" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  7. 1 2 3 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-71" (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]