Mario Runco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mario Runco
Datos persoais
Nacemento26 de xaneiro de 1952
LugarBronx
Actividade
MisiónsSTS-77, STS-54 e STS-44
Tempo no espazo22,96 días
editar datos en Wikidata ]

Mario Runco Jr., nado no Bronx (estado de Nova York) o 26 de xaneiro de 1952, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-77, STS-54 e STS-44.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Runco graduouse en ciencias terrestres e planetarias pola Facultade da Cidade de Nova York en 1974 e é máster en física atmosférica pola Universidade Rutgers en 1976. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1987, participando nas misións STS-77, STS-54 e STS-44 e pasando un total de 22,96 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Runco, Mario Jr 'Trooper'" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (5 de xaneiro de 2018). "Astronaut Mario Runco Jr. Retires from NASA" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]