STS-26

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-26
Lanzamento da misión STS-26
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento29 de setembro de 1988, 15:37 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión4,04 días[6]
Obxectivo da misiónExperimentos e posta en órbita do satélite TDRS 3.[3][6]
Regreso3 de outubro de 1988[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1988-091A

STS-26 foi a primeira misión dun transbordador espacial despois do accidente do transbordador espacial Challenger. Foi levada a cabo polo Discovery e lanzada o 29 de setembro de 1988 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-26, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite de comunicacións TDRS 3. A tripulación estaba formada polo comandante Frederick H. Hauck, o piloto Richard O. Covey e os especialistas de misión John M. Lounge, George D. Nelson e David C. Hilmers.[3][5][6][7]

O TDRS-3, cunha etapa IUS (Inertial Upper Stage) acoplada, viaxou na bodega do transbordador e foi o segundo satélite TDRS en ser posto en órbita. Como obxectivo secundario a tripulación fixo varios experimentos coa carga científica de a bordo, incluíndo Physical Vapor Transport of Organic Solids (PVTOS), Protein Crystal Growth (PCG); Infrared Communications Flight Experiment (IRCFE); Aggregation of Red Blood Cells (ARC), Isoelectric Focusing Experiment (IFE), Mesoscale Lightning Experiment (MLE), Phase Partitioning Experiment (PPE), Earth-Limb Radiance Experiment (ELRAD), Automated Directional Solidification Furnace (ADSF) e dúas cargas científicas desenvolvidas por estudantes. Tamén voou no transbordador o experimento Orbiter Experiments Autonomous Supporting Instrumentation System-I (OASIS-I) para rexistrar parámetros da contorna ambiental durante varias fases do voo.[3][5][6][7]

O Discovery regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 3 de outubro de 1988.[3][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 26" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 14 November 1989 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (89-31184). 1 de decembro de 1989: 2. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 26" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-26" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-26" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (18 de febreiro de 2010). "STS-26" (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]