Richard O. Covey
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de agosto de 1946 Fayetteville |
| Educación | Escola de Pilotos de Probas da Forza Aérea dos Estados Unidos Universidade Purdue Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos de América Choctawhatchee Senior High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | oficial, astronauta, aviador |
| Empregador | NASA, astronauta |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Forza Aérea dos Estados Unidos de América |
| Rango militar | coronel (pt) |
| Participou no conflito | Guerra do Vietnam |
| Tempo no espazo | 26 días, 21 horas e 9 minutos |
| Premios | |
Richard Oswalt Covey, nado en Fayetteville (Arcansas) o 1 de agosto de 1946, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-51-I, STS-26, STS-38 e STS-61. Pasou un total de 26,88 días no espazo.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Covey licenciouse en enxeñería pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1968 e máster en aeronáutica e astronáutica pola Universidade Purdue en 1969.[1]
Seleccionouno a NASA en xaneiro de 1978, converténdose oficialmente en astronauta en agosto do ano seguinte. Participou nas misións STS-51-I, STS-26, STS-38 e STS-61, pasando un total de 26,88 días no espazo. Retirouse da NASA en agosto de 1994.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Mark Wade (2019). "Covey, Richard Oswalt" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2019.
- ↑ NASA, ed. (xaneiro de 2018). "RICHARD O. COVEY (COLONEL, USAF, RET.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Richard O. Covey |