SS General von Steuben
Aparencia
| SS General von Steuben | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Epónimo
| |||||||||||
|
Conflito
| |||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||
|
Propietario/a
| |||||||||||
| Produción | |||||||||||
|
Fabricante
| |||||||||||
| Características | |||||||||||
|
Velocidade máxima
| |||||||||||
|
Tipo de embarcación
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O SS General von Steuben (chamado até 1938 München, pola cidade de Múnic), era un barco de pasaxeiros de luxo reconvertido en buque de transporte acoirazado durante a segunda guerra mundial.
Historia
[editar | editar a fonte]Cando a guerra se achegaba ao seu final, o Exército Vermello entrou en Prusia Oriental e 5200 refuxiados alemáns e soldados feridos subiron ao Steuben en Pillau, na baía de Danzig (agora Gdańsk, Polonia) con destino a Swinemünde. Á medianoite do día que levantou a áncora, o 10 de febreiro de 1945, levaba a bordo 2000 soldados feridos, 320 enfermeiras, 30 doutores e máis de 1000 refuxiados. Afundírono dous torpedos lanzados desde o submarino soviético S-13. Só houbo 659 sobreviventes: 4500 persoas morreron.
