Saltar ao contido

Sociedad Española de Ornitología

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SEO/BirdLife»)
Sociedad Española de Ornitología
AcrónimoSEO/BirdLife
Tipoorganización non gobernamental para o desenvolvemento e sociedade científica
Campo de traballoOrnitoloxía
Data de fundación15 de maio de 1954
Nº de membros16.678 (2018) Editar o valor en Wikidata
Nº de empregados86 (2018) Editar o valor en Wikidata
PremiosFundación Lealtad Accreditation e Aragonia Award
SedeEspaña
PaísEspaña
Na rede
http://www.seo.org/
Facebook: seobirdlife Twitter: SEO_BirdLife Instagram: seo_birdlife BNE: XX101661 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Sociedad Española de Ornitología (SEO, na actualidade SEO/BirdLife) é unha organización non gobernamental de utilidade pública que ten como principais obxectivos a conservación e o estudo das aves e os seus hábitats. Está inscrita como ONGD na AECID. Actualmente conta con máis de 11.000 socios e uns 5.000 voluntarios. Os seus socios máis activos agrúpanse nos denominados Grupos Locais dos que na actualidade existen 32 repartidos por toda España. A sede central está situada en Madrid e ademais existen delegacións en Aragón, Andalucía, Canarias, Cantabria, Cataluña, Estremadura e na Comunidade Valenciana, ademais de oficinas en Doñana e no Delta do Ebro.

SEO/BirdLife, é a ONG conservacionista máis antiga de España con máis de 50 anos de experiencia na defensa e estudo das aves e dos seus hábitats. Foi fundada o 15 de maio de 1954 no Museo de Ciencias Naturais de Madrid cun núcleo fundador formado por 85 persoas. Desde o seu comezo SEO/BirdLife publicou unha revista científica semestral, Ardeola, e en 1957 creou un Centro de Migración de Aves. Tamén conta cunha revista trimestral, La Garcilla que reciben todos os seus socios. Forma parte de cinco grandes ONG ambentalistas de España xunto con Greenpeace, WWF, Amigos de la Tierra e Ecologistas en Acción.

A nivel internacional forma parte de BirdLife International, unha federación mundial que agrupa a máis de tres millóns de socios en 111 países, dedicada á conservación da biodiversidade en todo o mundo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]