Sœur Sourire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sœur Sourire
Nome completoJeanne-Paule Marie Deckers
AlcumeSœur Sourire, Luc Dominique, Sœur Sourire e The Singing Nun
Nacemento17 de outubro de 1933
Lugar de nacementoLaeken
Falecemento29 de marzo de 1985 e 30 de marzo de 1985
Lugar de falecementoWavre
CausaIntoxicación
SoterradaWavre
NacionalidadeBélxica
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade Católica de Lovaina
Ocupaciónreligiosa católica, cantautora, guitarrista e drawing teacher
PremiosGrammy Award for Best Inspirational Performance
Na rede
http://www.singingnun.net
IMDB: nm0812123 Spotify: 6IXxyuP3QA8yla9rF1on6b iTunes: 411097113 Musicbrainz: c26869b8-a6f1-49e3-a2e1-9cb70304f3fe Discogs: 322936 Allmusic: mn0000038958 WikiTree: Deckers-15 Find a Grave: 11350 Deezer: 5529553 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jeanne-Paule Marie "Jeanine" Deckers, nada en Laeken (Bruxelas) o 17 de outubro de 1933[1] e finada en Wavre (Brabante) o 29 de marzo de 1985, máis coñecida como Sœur Sourire (en francés, "Sor Sorriso"), foi unha cantante e compositora belga, membro da orde dominicana co nome de Irmá Luc Gabriel. Obtivo fama en 1963 coa publicación da canción "Dominique", que chegou o número 1 nos Estados Unidos e noutros países. Debido a varias confusións sobre os termos dos seus contratos de gravación acabou na pobreza e sufriu unha crise de fe, deixando a orde, aínda que continuando a ser católica. Cometeu suicidio coa súa compañeira Annie Pécher.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tumba de Deckers e Pécher no cemiterio Cheremont en Wavre

Jeanne-Paule Marie Deckers naceu en Laeken, filla do dono dunha confeitería e foi educaca nunha escola católica de Bruxelas. A súa nai alegrouse cando decidiu unirse ás Guides Catholiques de Belgique (GCB).[2] Cando tiña quince anos tivo unha premonición de que sería monxa.[3] Comprou a súa primeira guitarra para tocar en actos da Guide. Entre 1954 e 1959, deu clases de escultura a mozos. Nun campamento no verán de 1959 coñeceu a Annie Pécher, de dezaseis anos, coa que desenvolveu unha estreita relación.[4][5] Finalmente convenceuse de que a profesión do ensino non se axustaba a ela e deixouna. En setembro de 1959 entrou nas Irmás Misioneiras Dominicanas de Nosa Señora de Fichermont, na cidade de Waterloo, onde tomou o nome relixioso de "Irmá Luc Gabriel".[6][7]

Mentres estaba no convento, escribía, cantaba e interpretaba as súas cancións, ben recibidas polas súas compañeiras e visitantes, polo que a súa superiora animouna a gravar un álbum que podía vender no convento.[6] En 1961, gravou o álbum na Philips de Bruxelas; o sinxelo "Dominique" converteuse nun éxito internacional e en 1962 o álbum vendeu dous millóns de copias.[7] A irmá Luc Gabriel converteuse nunha celebridade e adoptou o nome artístico de Sœur Sourire. Deu concertos e apareceu no programa The Ed Sullivan Show o 5 de xaneiro de 1964.[8] "Dominique" foi a primeira canción dun artista belga que chegou ao número un de sinxelos nos Estados Unidos.[9]

Deckers non viu moitos cartos pola súa fama mundial, e o seu segundo disco Her Joys, Her Songs, recibiu pouco interese. Moitas das súas ganancias foron a Philips e ao seu produtor, mentres que o resto foi directamente á súa congregación,[7] que gañou polo menos 100 000 dólares en regalías.[6] Situada entre dous mundos e cada vez máis en desacordo coa igrexa católica, Deckers abandonou o convento en 1966[7] para seguir unha vida como dominicana leiga.[10]

Cando deixou o convento, a compañía discográfica fixo que deixase os nomes de "Sœur Sourire" e "The Singing Nun".[11] Intentou seguir a súa carreira como "Luc Dominique".[7] Cada vez máis frustrada polo que consideraba o fracaso da igrexa católica en implementar as reformas do Concilio Vaticano Segundo, publicou unha canción en 1967 defendendo o uso da contracepción titulada "Glory be to God for the Golden Pill".[12] Isto levou a unha intervención da xerarquía católica en Montreal e cancelouse un dos seus concertos.[13]

A pesar dos seus intentos, a carreira musical de Deckers non prosperaba e finalmente pasou a dar clases a mozos con discapacidades en Wavre, chegando a abrir o seu propio colexio para nenos autistas.[14] Sufriu unha crise nerviosa, á que seguiron dous anos de psicoterapia.[11]

Reconectou coa súa amiga de mocidade Annie Pécher, mentres estaba na Universidade de Lovaina. Pouco a pouco desenvolveron unha relación moi íntima,[7] e compartiron un apartamento ata o seu pasamento.[15] A biógrafa Catherine Sauvat indica que a pesar de que Deckers sempre negou que tivesen unha relación homosexual, despois de varios anos de vida en común, si houbo dita relación.[16]

A finais da década de 1970, o servizo público financeiro federal de Bélxica dixo que debía 63 000 dólares en impostos.[6] Citando dificultades económicas, ela e Annie Pécher suicidáronse por unha sobredose de barbitúricos e alcohol o 29 de marzo de 1985.[9][17][18] Na súa nota de suicidio, escribiron que non renunciaban á súa fe e que desexaban ser enterradas xuntas nun funeral católico.[19] Foron enterradas xuntas o 4 de abril de 1985 no cemiterio Cheremont de Wavre, a cidade en que morreron.[20] A inscrición da súa tumba di "J'ai vu voler son âme/ A travers les nuages" ("Vin a súa alma voar a través das nubes"), un verso tomado da súa canción de 1966 "Luc Dominique".[21]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Soeur Sourire – Biography & History". AllMusic. Consultado o 16 de marzo de 2019. 
  2. Chadwick, D. A. (2010). The Singing Nun Story: The Life and Death of Soeur Sourire. p. 20. ISBN 978-1-4537-1096-8. 
  3. Chadwick, D. A. (2010). The Singing Nun Story: The Life and Death of Soeur Sourire. p. 23. ISBN 978-1-4537-1096-8. 
  4. Éliane Gubin (2006). "Jeanne Paule Deckers". Dictionnaire des femmes belges: XIXe et XXe siècles. Lannoo Uitgeverij. pp. 146–47. ISBN 978-2-87386-434-7
  5. Chadwick, D. A. (2010). The Singing Nun Story: The Life and Death of Soeur Sourire. p. 28. ISBN 978-1-4537-1096-8. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Purtell, Tim (18 de decembro de 1992). "The Singing Nun's Story". ew.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2008. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Éliane Gubin (2006). "Jeanne Paule Deckers". Dictionnaire des femmes belges: XIXe et XXe siècles. Lannoo Uitgeverij. pp. 146–47. ISBN 978-2-87386-434-7. 
  8. Bronson, Fred (2003). The Billboard Book of Number One Hits. Billboard Books. p. 141. ISBN 0-8230-7677-6. 
  9. 9,0 9,1 "New film tells tragic story of Belgium's Singing Nun". The Guardian. 28 de abril de 2009. 
  10. "Bits of Show Business". The Milwaukee Journal. 13 de outubro de 1966. Consultado o 5 de abril de 2013. [Ligazón morta]
  11. 11,0 11,1 Gordy, Margaret (8 de febreiro de 1979). "'Singing Nun' makes comeback". Youngstown Daily Vindicator. Consultado o 5 de abril de 2013. 
  12. Jenkins, Philip (2007). God's Continent: Christianity, Islam, and Europe's Religious Crisis. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0195313956. 
  13. Heneghan, Tom (29 de abril de 2009). ""Sister Smile" film tells sad story of the Singing Nun". Blogs.reuters.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2015. Consultado o 18 de agosto de 2015. 
  14. "Belgium's Singing Nun Is Reported a Suicide". The New York Times. 2 de abril de 1985. 
  15. Stephanie Mansfield, "The Singing Nun" in The Washington Post, 6 April 1978.
  16. Sauvat, Catherine (2009). Soeur Sourire (en francés). France Loisirs, 2009, p. 104.
  17. "Interview: Leen Van Den Berg over Soeur Sourire: Zie me graag" [Interview: Leen Van Den Berg on Soeur Sourire: Love me]. Gaylive.Be. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2014. Consultado o 29 de novembro de 2020. 
  18. Van Den Berg, Leen (2005). Sœur Sourire: Journal d'une tragedie. Editions Luc Pire. p. 209. ISBN 2-87415-483-0. 
  19. "'Singing Nun' takes her own life at 52". The Milwaukee Journal. 2 April 1985. Consultado o 5 de abril de 2013. [Ligazón morta]
  20. Wilson, Scott. Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3d ed.: 2 (Kindle Locations 43607-43608). McFarland & Company, Inc., Publishers. Kindle Edition.
  21. Chadwick, D. A. (2010). The Singing Nun Story: The Life and Death of Soeur Sourire. p. 75. ISBN 978-1-4537-1096-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]