Séamus Ó Grianna
Séamus Ó Grianna | |
---|---|
Alcume | Máire |
Nacemento | 1889 |
Ranafast, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda ![]() | |
Falecemento | 1969 |
Letterkenny | |
Nacionalidade | Irlanda |
Alma máter | St Patrick's College |
Ocupación | escritor, prosista e tradutor |
Irmáns | Domhnall Ó Grianna, Seosamh Mac Grianna e Seán Bán Mac Grianna |
Xéneros | Novela, ensaio |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Séamus Ó Grianna, coñecido localmente como Jimí Fheilimí, nado en 1889 e finado en 1969, foi un escritor irlandés en lingua irlandesa. Empregou o pseudónimo de Máire
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha familia de poetas e contadores de historias en Ranafast, Condado de Donegal, e foi á escola primaria até a idade de 14 anos. Pasou varios anos en casa e como traballador temporal en Escocia[1]. Asistiu a unha escola de verán de lingua irlandesa en 1910 e ensinou durante un tempo para a Liga Gaélica. Converteuse formalmente en profesor no St. Patrick's College, Dublín, entre 1912 e 1914, e ensinou principalmente no Condado de Donegal até 1920. Veuse envolto en liortas políticas e foi á cadea como republicano durante a Guerra Civil Irlandesa. Traballou como tradutor para An Gúm, no Servizo Civil Irlandés, e en dicionarios de irlandés no Departamento de Educación.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Caisleáin Óir. Mercier Press, Dublín 1994 (novela)
- Castar na Daoine ar a Chéile. Scríbhinní Mháire 1. Editado por Nollaig Mac Congáil. Coiscéim, Dublín 2002 (novela e xornalismo)
- Cith is Dealán. Mercier Press, Dublín e Cork 1994 (relatos curtos)
- Cora Cinniúna 1-2 (dous volumes de historias curtas) An Gúm, Dublín 1993
- Cúl le Muir agus scéalta eile. Oifig an tSoláthair, Dublín 1961 (historias curtas)
- Na Blianta Corracha. Scríbhinní Mháire 2. Editado por Nollaig Mac Congáil. Coiscéim, Dublín 2003 (xornalismo)
- Nuair a Bhí Mé Óg. Mercier Press, Dublín e Cork 1986 (autobiografía)
- An Sean-Teach. Oifig an tSoláthair, Dublín 1968 (novela)
- Tairngreacht Mhiseoige. An Gúm, Dublín 1995 (novela)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ http://www.bbc.co.uk/northernireland/learning/history/stateapart/agreement/culture/support/cul2_n031.shtml An Irishman's Diary by Pol O Muiri