Atención:Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación.
Este artigo é demasiado curto ou tan só unha definición de dicionario. Por favor, axuda ampliando a información que achega. Cando o problema se resolva, retira esta mensaxe. Por favor, non quites esta mensaxe ata que este problema estea solucionado. (Desde xaneiro de 2024.)
Michael Collins, como delegado nas conversas do Tratado Anglo-Irlandés de Londres de 1921.
A guerra civil irlandesa (irlandés: Cogadh Cathartha na hÉireann) foi un conflito entre os partidarios e os opoñentes do Tratado Anglo-Irlandés do 6 de decembro de 1921, que establecía o Estado Libre de Irlanda, precursor da actual República de Irlanda. Os opoñentes do tratado obxectaban o feito de que se mantivesen lazos constitucionais entre o Reino Unido e a Irlanda e que os seis condados de Irlanda do Norte non foran incluídos no Estado Libre. A Guerra Civil cobrou máis vidas que a guerra de Independencia que a precedera, e deixou a sociedade irlandesa profundamente dividida. A súa influencia na política irlandesa aínda é evidente hoxe en día.