Río Yonne
Río Yonne | |
---|---|
![]() o río Yonne o seu paso por Auxerre | |
País | Francia |
Nacemento | Lombas de Morvan |
Lonxitude | 293 km |
Conca | 10.887 km² |
Caudal medio | 95 m³/s |
Desembocadura | Río Sena |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f1/Auxerre_-_Vue_de_l%27Yonne_4.jpg/260px-Auxerre_-_Vue_de_l%27Yonne_4.jpg)
O Yonne é un río francés, afluente do Sena pola súa beira esquerda, no cal verte as súas augas despois de percorrer 293 km. Dá nome ao departamento de Yonne.
Curso
[editar | editar a fonte]A fonte do Yonne está situada no departamento de Nièvre, nas lombas de Morvan a uns 730 m sobre o nivel do mar, cerca de Château-Chinon.
Des o departamento de Nièvre corre para noroeste escavando un profundo val con formacións calcáreas. Pasada a cidade de Auxerre, capital do departamento de Yonne, atravesa unha gran chaira, ensanchándose e tornándose navegábel. Conflúe co Sena en Montereau-Fault-Yonne.
Afluentes
[editar | editar a fonte]Ten numerosos tributarios, entre os cales salientan o Armançon, o Cure e o Serein, todos eles pola dereita, e que superan os 150 km de lonxitude; os afluentes da marxe esquerda son máis curtos, cabe citar entre eles o río Vrin e o Tholon, que non chegan alcanzar os 40 km de curso. O caudal medio do Yonne é superior ao do Sena no punto de confluencia; o seu valor medio é de 95 m³/s.
Navegación e canles
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f9/1240-Auxerre.jpg/220px-1240-Auxerre.jpg)
O Yonne é navegábel nunha lonxitude de 108 km desde Auxerre até Montereau-Fault-Yonne, na unión co Sena. Ten 26 esclusas cun gálibo mínimo de 93 m por 8,30 m.
Está ligado ao Saona polo canal de Borgoña, que principia en Migennes, e comunica co río Loira por medio do canal do Nivernais, cuxo punto de partida está en Auxerre.
Cidades bañadas polo Yonne
[editar | editar a fonte]Topónimo
[editar | editar a fonte]O seu nome procede do celta Ica-Onna. Ica e Onna son dúas raíces hidronímicas.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Yonne |