Río Tec
Río Tec | |
---|---|
Ponte sobre o Tec en Céret | |
País | España e Francia |
Nacemento | Roca Colom, Prats-de-Mollo-la-Preste, Francia |
Lonxitude | 83 km |
Conca | 759 km² |
Caudal medio | 9,6 m³/s |
Desembocadura | Mar Mediterráneo |
O río Tec (en francés: Tech) é un río do sur de Francia, que nace en España e discorre polo Rosellón. É o río francés que ten a conca máis meridional da Francia continental.
O río Tec nace a 2.400 msnm, na Roca Colom, no macizo pirenaico de Costabona (próximo á provincia de Xirona, España). Cruza a comarca francesa do Vallespir de leste para oeste, pasando por Prats-de-Mollo-la-Preste, Arles-sur-Tech, Amélie-lles-Bains-Palalda, Céret e Le Boulou, por onde penetra na comarca do Rosellón, desembocando no mar Mediterráneo na reserva natural de Mais Larrieu, tras 84,3 km de percorrido e unha conca de 750 km².
O seu réxime é pluvio-nival presentando todos os anos un máximo primaveral grazas ao desxeo pirenaico, e un máximo no outono que depende das choivas. O 17 de outubro de 1940, como consecuencia dunhas choivas torrenciais de máis de 500 mm converteuse nun salvaxe torrente cun caudal en Céret de 6.450 m³/s, o que para esa conca supón un caudal relativo de 8.600 l/s/km², alagándoo todo ao seu paso e cobrándose varias vidas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Val do Tec (en francés)