Río Connecticut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Connecticut
PaísEstados Unidos
NacementoNova Hampshire
Lonxitude640 km
Conca29.138 km²
Caudal medio521 m³/s
DesembocaduraLong Island Sound
O río Connecticut visto desde o norte, desde a Ponte Frech King na cidade de Erving-Gill (Massachusetts)

O Connecticut é o río máis grande de Nova Inglaterra, flúe cara ao sur desde os Lagos Connecticut no norte de Nova Hampshire , ao longo da fronteira entre Nova Hampshire e Vermont, a través do oeste de Massachusetts e o centro de Connecticut, ata o estuario de Long Island Sound en Old Saybrook, Connecticut. Isto supón unha lonxitude total de 640 quilómetros, e unha cunca fluvial de 29.138 km². Ten un caudal medio de 521 metros cúbicos por segundo, e a descarga media de auga doce no estuario de Long Island Sound é de 588 m³/s. O río é navegable ata a cidade de Windsor Locks (Connecticut), aproximadamente a 100 km da desembocadura. O nacemento do río Connecticut é o Cuarto Lago Connecticut en Nova Hampshire. Algúns dos seus afluentes son os ríos Ashuelot, West, Miller's, Mill, Deerfield, White, e Chicopee. (O Swift River, un afluente do Chicopee, foi substituído en gran parte polo Encoro Quabbin que proporciona auga a Boston.)

O río leva unha gran cantidade de limo, sobre todo durante a derretida da neve na primavera, no afastado norte no Quebec. A forte concentración de légamo do río forma unha gran barreira de area preto da súa desembocadura no Long Island Sound e supuxo historicamente un grande obstáculo para a navegación. A dificultade de navegación polo río é a principal razón de que sexa un dos poucos grandes ríos na rexión sen unha cidade importante preto da súa desembocadura. O estuario do río de Connecticut e o seu complexo de pantanos figuran como un dos 1.616 pantanos de importancia internacional baixo a Convención Ramsar (tratado internacional de conservación das zonas húmidas).

Historia[editar | editar a fonte]

Oxbow, río Connecticut preto de Northampton, 1836, por Thomas Cole

O nome do río é a corrupción francesa da palabra algonquina "quinetucket" que significa o "Lugar do Longo Río". O primeiro europeo en ver o río foi o explorador holandés Adriaen Block en 1614. A consecuencia desta exploración, os holandeses chamaron ao Río Connecticut "o Río Fresco", e foron os límites nordés da colonia de Nova Holanda, e a fronteira orixinal entre Nova Holanda e Nova Inglaterra. O primeiro colono inglés do que hai rexistro da súa visita foi Edward Winslow da Colonia de Plymouth en 1632. En 1633 os ingleses construíron un posto comercial no lugar de Windsor, Connecticut, e os holandeses construíron unha fortaleza no lugar de Hartford, Connecticut. Cando o número de colonos ingleses aumentou, os holandeses abandonaron a súa empresa en 1654. A Fortaleza Número 4, actualmente Charlestown (Nova Hampshire), era o asentamento inglés máis ao norte no río ata o final da guerra franco-indíxena en 1763. No Tratado de París (1783), que daba fin á Guerra de Independencia, a nova fronteira entre Nova Hampshire e o que se converteu na provincia do Canadá foi definida incluíndo a "cabeceira do río mais ao noroeste de Connecticut". Como hai varias correntes que poderían encaixar naquela descrición, unha disputa divisoria conduciu á efémera existencia da Indian Stream Republic, que existiu entre 1832 e 1835.

Ao principio o val amplo, fértil atraeu colonias agrícolas, e o volume e a pendente do río contribuíron ao incremento da industria no val. A maior fervenza, de 17,67 m., está en Holyoke (Massachusetts). Outros centros importantes inclúen Windsor (Connecticut) e Hartford en Connecticut, Springfield (Massachusetts), a maior cidade no río, Lebanon (Nova Hampshire) e Brattleboro (Vermont).

En 1829 a Canle de Enfield Falls abriuse para evitar os baixos no río Connecticut. As esclusas (locks) construídas para esta canle deron o seu nome á cidade de Windsor Locks, Connecticut [1].

A finais dos anos 1800 o río foi utilizado para a condución de troncos desde o afastado norte, en particular a cunca do río Nullhegan no condado de Essex (Vermont). Estas baixadas de troncos terminaron logo de 1915, cando os donos de barcos de recreo queixáronse dos riscos para a navegación [2].

O Convenio de Medidas para Controlar as Inundacións do Río Connecticut foi establecido en 1953 en resposta ás severas inundacións. O Decreto de Auga Limpa de 1965 tamén tivo un importante impacto no Río Connecticut e os seus afluentes; desde entón, o río foi restablecido da Clase D á Clase B. Foi designado en 1997 como un dos Ríos do Patrimonio Americano pola Axencia de Protección do Medio Ambiente dos Estados Unidos. As cidades ao longo da parte inferior do río decretaron un límite aos novos desenvolvementos ao longo das ribeiras, de modo que non poidan ser construídos edificios excepto en asentamentos xa existentes.

Peixes[editar | editar a fonte]

O río Connecticut é o hábitat de varias especies de peixes anádromos, incluído o sáibao americano, a anguía americana, a robaliza estriada e a lamprea de mar. O Servizo de Fauna e Pesca dos Estados Unidos emprendeu un esforzo para poboar de novo o río con outra especie de peixe migratorio, o salmón atlántico. Durante máis de 200 anos, os salmóns atlánticos estiveron extintos do río debido aos encoros. Varias escalas e pasarelas de peixes foron construídas para permitir que estes renovasen a súa migración natural río arriba cada primavera.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Preto do Primeiro Lago Connecticut

Relacionados de sur a norte pola localización da súa desembocadura:

  • Eightmile River (Connecticut)
  • Salmon River (Connecticut)
  • Hockanum River (Connecticut)
  • Park River (Connecticut)
  • Farmington River (Connecticut)
  • Scantic River (Connecticut)
  • Westfield River (Massachusetts)
  • Chicopee River (Massachusetts)
  • Manhan River (Massachusetts)
  • Mill River (Northampton, Massachusetts)
  • Fort River (Hadley, Massachusetts)
  • Mill River (Hatfield, Massachusetts)
  • Sawmill River (Massachusetts)
  • Deerfield River (Massachusetts)
  • Fall River (Massachusetts)
  • Millers River (Massachusetts)
  • Four Mile Brook (Massachusetts)
  • Mill Brook (Massachusetts)
  • Ashuelot River (Nova Hampshire)
  • West River (Vermont)
  • Cold River (Nova Hampshire)
  • Saxtons River (Vermont)
  • Williams River (Vermont)
  • Black River (Vermont)
  • Little Sugar River (Nova Hampshire)
  • Sugar River (Nova Hampshire)
  • Blow-me-down Brook (Nova Hampshire)
  • Ottauquechee River (Vermont)
  • Mascoma River (Nova Hampshire)
  • White River (Vermont)
  • Ompompanoosuc River (Vermont)
  • Waits River (Vermont)
  • Oliverian Brook (Nova Hampshire)
  • Wells River (Vermont)
  • Ammonoosuc River (Nova Hampshire)
  • Stevens River (Vermont)
  • Passumpsic River (Vermont)
  • Johns River (Nova Hampshire)
  • Israel River (Nova Hampshire)
  • Upper Ammonoosuc River (Nova Hampshire)
  • Paul Stream (Vermont)
  • Nulhegan River (Vermont)
  • Simms Stream (Nova Hampshire)
  • Mohawk River (Nova Hampshire)
  • Halls Stream (Vermont)
  • Indian Stream (Nova Hampshire)
  • Perry Stream (Nova Hampshire)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Connecticut Heritage (Dorothy A. DeBisschop). The Canal at Windsor Locks Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. Consultado o 26 de agosto de 2007.
  2. Wheeler, Scott (2002). The History of Logging in Vermont's Northeast Kingdom. The Kingdom Historical. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

(En inglés)