Saltar ao contido

Río Cidacos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Cidacos
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaA Rioxa, España e provincia de Soria, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaCantabria, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Ebro Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°12′38″N 2°12′21″O / 42.2106, -2.20583
Conca hidrográficaConca do Ebro Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións828 (lonxitude) km
Superficie696 km² Editar o valor en Wikidata
O río Cidacos en Arnedo

O Cidacos é un río de España, afluente do río Ebro. Nace ao sur da poboación de Los Campos, en terras de Soria, xunto ao Porto de Oncala e percorre 77 km ata desembocar no río Ebro, nas proximidades da localidade rioxana de Calahorra. Pola súa marxe esquerda desembocan os afluentes Baos, Ostaza e Manzanares.

No seu transcurso atravesa ou queda á beira de varias poboacións de Soria, como Villar del Río ou Yanguas, e da Rioxa, como Enciso, Peroblasco, Arnedillo (onde o río recibe augas termais que dan lugar ao Balneario de Arnedillo), Santa Eulalia Somera e Bajera, Herce, Arnedo, Quel, Autol e Calahorra. Con todo, dado que a auga é embalsada varias veces (principalmente, no Pantano de Munilla, no río Manzanares, e na estanca do Perdiguero, xunto a Calahorra) e é usada para a rega das 4057 Ha de ricas hortas da zona, a Calahorra adoita chegar como seco, salvo nos meses máis húmidos do ano.

O río Cidacos, xunto co Ebro, foi durante moito tempo o eixo vertebrador da Rioxa Baixa, e a razón do antigo enclave de Calahorra. Nas localidades de Arnedo e Calahorra atopámonos cunhas zonas verdes denominadas Parque do Cidacos, situadas xunto á canle do río e á Vía Verde do Cidacos.

Segundo unha lenda San Emeterio e San Celedonio foron torturados e finalmente decapitados nun areal do río Cidacos, nos arredores de Calahorra.

Como curiosidade, cabe mencionar que existe na provincia de Navarra outro río homónimo, pero con diferente grafía, o río Zidacos.