Río Zidacos
| Tipo | río | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| Continente | Europa | |||
| Altitude inicial | 945 m | |||
| División administrativa | Oloritz, España | |||
| Localización | Q12254781 | |||
| Final | ||||
| Altitude final | 299 m | |||
| Localización | Q12253797 | |||
| Desembocadura | Caparroso | |||
| Localización | País Vasco | |||
| ||||
| Conca hidrográfica | Conca do Ebro | |||
| Características | ||||
| Dimensións | 51,6 ( | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 456 km² | |||
| Medicións | ||||
| Caudal | 0,37 m³/s , 0,816 m³/s | |||
O Zidacos (en éuscaro: Zidakos) é un pequeno río que discorre pola zona media de Navarra. Nace na serra de Alaitz, na parte alta do norte da Valdorba e, despois de atravesar cidades como Tafalla e Olite, desemboca no río Aragón, moi preto de Caparroso. No tramo alto do seu percorrido, dende o seu nacedoiro e ata o seu paso por Untzue, é coñecido como regueiro Artusia.
A súa achega media anual é de 91 hm³. Ten como afluentes os regueiros Mairaga e Sánsoain. No termo municipal de Garínoain conflúe co río Zenborrain, que contribúe en boa parte ao seu caudal. O anteriormente mencionado regueiro de Mairaga é represado na súa parte máis alta, moi preto de Bariain, no municipio de Oloritz, para formar o encoro de Mairaga que abastece de auga potable a Mancomunidade de Mairaga.
Como curiosidade, cabe mencionar que existe na Rioxa outro río homónimo, pero con diferente grafía, o río Cidacos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gobierno de Navarra (2000). Ríos de Navarra. NILSA. ISBN 84-235-2013-7.
