Saltar ao contido

Russell Begaye

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRussell Begaye

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoShiprock Editar o valor en Wikidata
8º Presidente da Nación Navagho
12 de maio de 2015 – 8 de xaneiro de 2019
 Ben ShellyJonathan Nez  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo navagho Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles - grao en Artes Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata

Russell Begaye, nado en Shiprock, Novo México, é un político do pobo navagho que foi o presidente da Nación Navagho dende o 2015 até o 2019. É o segundo navagho de Novo México que se converteu en Presidente dos navagho, malia non ser falante nativo de Diné, o idioma navagho.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

En 1974, Begaye graduouse en Ciencias Políticas na Universidade de California nos Ánxeles (UCLA). En 1977, conseguiu o mestrado en Divindade, que é como se denominan os estudos teolóxicos nos Estados Unidos, do Southwestern Baptist Theological Seminary en Fort Worth, Texas.[2]

De 1977 a 2011, Begaye traballou para a Xunta de Misións de América do Norte. A partir de 2011, serviu no Consello da Nación Navagho ata a súa elección para a presidencia o 4 de abril de 2015[3] e tomou posesión do mesmo o 12 de maio de 2015.[4] Permaceu no cargo ata o 8 de xaneiro de 2019, en que o sucedeu o, ata entón vicepresidente, Jonathan Nez.

En 2022, presentouse ás eleccións para o Consello da Nación Navagho.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Begaye estivo casado con Kyoon Chung Begaye, unha dentista de Atlanta, quen non participaba nos asuntos da Nación Navagho polo que, durante o período da súa presidencia, foi a esposa do vicepresidente Jonathan Nez que realizou as funcións de Primeira Dama.[2] En 2016, Begaye informou que tras 17 anos xuntos, o matrimonio rematara.[6]

  1. Canava, Samantha (23 de abril de 2016). "Mother Tongue: The Navajo Nation Revives Diné". thepolitic.org (en inglés). Consultado o 13 de outubro de 2022.
  2. 1 2 Fonseca, Felicia (29 de maio de 2015). "With absence of Navajo president’s wife, VP’s spouse to take job of first lady". santafenewmexican.com (en inglés). Consultado o 13 de outubro de 2022.
  3. Skinner, Curtis. "Russell Begaye wins Navajo Nation presidency after delayed vote". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2015. Consultado o 19 de maio de 2015.
  4. Smith, Noel Lyn. "Navajo President-elect Russell Begaye to take office Tuesday". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2015. Consultado o 19 de maio de 2015.
  5. Smith, Noel Lyn (2022). "Filing period for tribe's primary election closes with 15 registering for Navajo president". eu.daily-times.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2022. Consultado o 13 de outubro de 2022.
  6. Redacción/Associated Press (15 de abril de 2016). "Navajo President Says Relationship With Wife Has Ended". knau.org (en inglés). Consultado o 13 de outubro de 2022.
Predecesor:
Ben Shelly
Presidente da Nación Navagho
2015-2019
Sucesor:
Jonathan Nez