Ruhnama
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2014.) |
Ruhnama | |
---|---|
![]() | |
Tipo | obra literaria ![]() |
Xénero artístico | valor descoñecido ![]() |
Linguas
| |
Autoría | |
Autor/a | Separmurat Niyazov ![]() |
Publicación | |
País orixe | Turkmenistán ![]() |
Editorial | Türkmen Döwlet Neşirýat Gullugy ![]() |
Dimensións | |
Partes | 2 ![]() |
Identificadores | |
Goodreads | 2599056 ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |

O Ruhnama (en galego: Libro da alma) é un libro de culto á personalidade do ditador turcomán Saparmyrat Nyýazow, falecido en decembro de 2006.
Características
[editar | editar a fonte]A obra é un tratado sobre a moral e civismo que mestura poesía con conceptos políticos. Ao principio foi introducido o primeiro volume lentamente na poboación no ano 2001 pero posteriormente volveríase lectura obrigada para tódolos alumnos das escolas e universidades de Turkmenistán, tanto nas materias de ciencia como a física e a química. Concibido polo ditador como unha guía espiritual, é tan importante que os funcionarios turcománs son examinados sobre o seu contido tódolos anos, e incluso os médicos teñen que xurar fidelidade ao presidente e ao seu libro antes de poder exercer a súa actividade.
Introduciríase un segundo volume no ano 2004.
Segundo aseguraba o propio Nyýazow, «aquel que lea tres veces o Ruhnama atopará riqueza espiritual, volverase máis intelixente e, ademais, irá directamente ao paraíso». Nyýazow consideraba a súa obra tan importante, que fixo que un foguete ruso puxese un exemplar en órbita arredor da terra, en 2005.