Rouben Mamoulian
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de outubro de 1897 Tbilisi, Xeorxia |
| Morte | 4 de decembro de 1987 Woodland Hills, Estados Unidos de América |
| Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
| Residencia | Estados Unidos de América (1923–) |
| Grupo étnico | Pobo armenio |
| Educación | Lycée Montaigne Imperial Moscow University (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | director de cinema, realizador, director teatral, guionista |
| Período de actividade | 1929 |
| Empregador | Escola de Música Eastman (pt) |
| Familia | |
| Pais | Zachary Mamoulian |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, Who is Who: Armenians (en) Enciclopedia soviética armenia, volume 7, (p.198) |
Rouben Zachary Mamoulian, nado en Tbilisi (actual Xeorxia) o 8 de outubro de 1897 e finado en Hollywood (California) o 4 de decembro de 1987 foi un director de cinema e teatro armenio-estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Tbilisi, nunha familia armenia. A súa nai, Virginia Kalantarian foi directora de teatro, e o seu pai, Zachary Mamoulian, era presidente dun banco.[1] Mamoulian mudouse a Inglaterra e comezou a dirixir obras teatrais en Londres en 1922. Ao ano seguinte Vladimir Rosing levouno aos Estados Unidos para dar clases na Eastman School of Music e tamén dirixiu óperas e teatro. Nacionalizouse estadounidense en 1930. A estrela infantil Jackie Cooper afirmou na súa autobiografía que Mamoulian era o seu tío, o que o axudou na súa carreira.
Comezou no cinema en 1929, con Applause, un dos primeiros filmes sonoros. As súas innovacións no uso da cámara e do son levouno a dirixir outros filmes durante a década de 1930.
A súa carreira como director chegou á súa fin cando foi despedido de dúas rodaxes consecutivas, Porgy and Bess (1959) e Cleopatra (1963).
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Título |
|---|---|
| 1929 | Applause |
| 1931 | City Streets |
| 1931 | Dr. Jekyll and Mr. Hyde |
| 1932 | Love Me Tonight |
| 1933 | Queen Christina |
| 1933 | The Song of Songs |
| 1934 | We Live Again |
| 1935 | Becky Sharp |
| 1936 | The Gay Desperado |
| 1937 | High, Wide, and Handsome |
| 1939 | Golden Boy |
| 1940 | The Mark of Zorro |
| 1941 | Blood and Sand |
| 1942 | Rings on Her Fingers |
| 1948 | Summer Holiday |
| 1957 | Silk Stockings |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Flint, Peter B. (6 de decembro de 1987). The New York Times, ed. "Rouben Mamoulian, Broadway Director, Is Dead".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rouben Mamoulian |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rouben Mamoulian na IMDb (en inglés).
- Rouben Mamoulian Collection na Library of Congress