Rosendo Rodríguez Ares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rosendo Rodríguez Ares
Nacemento24 de xaneiro de 1902
 Arcos
Falecemento1 de febreiro de 1974
 O Mosteiro
Causaenforcamento
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncomerciante e político
editar datos en Wikidata ]

Rosendo Rodríguez Ares, coñecido como O do Patacón, nado en Arcos (Meis) o 24 de xaneiro de 1902 e finado no Mosteiro o 1 de febreiro de 1974, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comerciante e militante de Izquierda Republicana. Foi secretario da sociedade "La Fraternidad Obrera de Agricultores de Meis". Foi detido en decembro de 1934 xunto co presidente da sociedade José Manuel Arribas Hermida.[1] Líder do Fronte Popular en Meis, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colaborou na resistencia. Agochouse e fuxiu a América axudado polo crego de Nogueira. Procesado en dous procedementos diferentes (1057/37 e 305/37), foi declarado en rebeldía e xulgado en Pontevedra en consello de guerra por auxilio á rebelión, e condenado a 12 anos e un día de prisión, que lle conmutaron por 6 anos e un día. Abríronlle expediente por responsabilidades políticas, que foi sobresido en 1944. Tras presentar unha instancia foi indultado en 1945. Estableceuse primeiro en Buenos Aires e despois marchou Cuba. Estivo en Cuba até o triunfo da revolución en 1959. Volveu a Galicia e instalouse no Mosteiro onde se aforcou en 1974.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Cuba con Celestina Bruzos González.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 25-12-1934, p. 13.
  2. El Pueblo Gallego, 7-2-1974, p. 10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gallego Rei, Mario; Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Moreira Docampo, Xosé Manuel (2012). Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil. Vigo: Ir Indo. p. 173. ISBN 978-84-7680-692-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]