Platycercus eximius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rosella»)

Platycercus eximius

P. e. diemenensis (macho).

P. e. diemenensis (femia).
P. e. diemenensis (femia).

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Psittaciformes
Superfamilia: Psittacoidea
Familia: Psittaculidae
Subfamilia: Platycercinae
Tribo: Platycercini
Xénero: Platycercus
Especie: P. eximius
Nome binomial
Platycercus eximius
(Shaw, 1792)

Platycercus eximius unha especie de ave psitaciforme da familia Psittaculidae endémica do sueste de Australia, onde se coñece como eastern rosella, incluída Tasmania.[2] Foi introducido a Nova Zelandia onde estableceu poboacións estables. Os machos teñen a plumaxe de cores lixeiramente máis intensas que as femias. Aliméntase de froitos, sementes, flores e insectos.[3]

Descrición[editar | editar a fonte]

Exemplar preto de Melbourne.
É característico dos membros de Playcercus os deseños escamados no lombo, no caso do macho da subespecie P. e. elecica de plumas negras con bordos amarelos.
Xuvenil de P. e. diemenensis.
Exemplar cativo.

A ave mide ao redor duns 30 cm de kargi. Ten a parte superior do peito, o pescozo e a cabeza vermellos, e o papo branco, ademais da base inferior da cola. O seu pico é esbrancuxado e o iris dos seus ollos castaño. A parte inferior do peito é amarela e se difumina até o verde claro do ventre. As plumas do seu dorso e ombreiros son negras cos bordos amarelos ou amarelo verdosos, que lle dan unha aparencia escamada que varía lixeiramente entre as distintas subespecies e os sexos. Os laterais das ás e cola son azuis, mentres que as plumas centrais da cola son de cor verde escuro. As súas patas son grises. A femia ten un aspecto similar aínda que de tons algo máis apagados e ten unha lista baixo as ás que non teñen os machos. Os xuvenís son de tons máis apagados que as femias e teñen a lista baixo as ás.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Describiuno cientificamente George Shaw en 1792. Anteriormente considerábase unha subespecie do P. adscitus, que tamén ten as fazulas brancas.[4] Rexistráronse híbridos entre ambos os taxons na zona de contacto entre as súas áreas de distribución no nordés de Nova Gales do Sur e o sueste de Queensland.[5]

Recoñécense tres subespecies [3]

  • P. e. eximius, atópase en Vitoria e o sur de Nova Gales do Sur. As plumas do lombo son negras con bordos verdes. O seu obispillo é verde claro.[3]
  • P. e. elecica, presente no nordés de Nova Gales do yr e o suereste de Queensland. As plumas do dorso do macho teñen os bordos de cor amarela intenso e os da femia son amarelo verdosos. O seu obispillo é verde azulado.[3]
  • P. e. diemenensis, propia do leste de Tasmania. A súa mancha branca das fazulas é máis grande o vermello da súa cabeza é máis escuro.[3]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

É unha especie nativa do sueste de Australia, incluída a illa de Tasmania. O seu hábitat natural son os bosques abertos, os campos lixeiramente arboredos, as zonas de matogueira, e tamén se atopa nos parques e xardíns de zonas suburbanas. a especie está naturalizada en Nova Zelandia.[6]

Comportamento[editar | editar a fonte]

Platycercus eximius
Deitada nun niño

Aliméntase de sementes de herbáceas e froitos.

A súa época de cría ten lugar na primavera e os comezos de verán austrais, entre agosto e xaneiro. Adoitan criar unha soa nidada. Xeralmente aniñan nun oco dunha árbore, normalmente de ao redor de 1 m de profundidade, e a unha altura de até 30 m do chan. A posta adoita ter entre cinco e seis ovos (aínda que se rexistraron até nove). Os seus ovos son brancos, redondeados, lixeiramente brillantes e miden 26 x 22 mm.[4]

Avicultura[editar | editar a fonte]

Son mascotas cobizadas debido ao fermoso colorido da súa plumaxe. Son aves intelixentes e que se poden adestrar para asubiar un gran repertorio de melodías, e mesmo poden aprender a pronunciar algunhas palabras. Os rosellas poden ser boas aves de compañía pero requiren unha gran cantidade de coidados e atención, ademais de dispositivos e xoguetes para mantelos estimulados mentalmente. Son aves silvestres que non sempre se adaptan a vivir como a mascota dunha familia, e mesmo os pericos criados a man nunca están completamente domesticados. Xeralmente non toleran as caricias nin os aloumiños e adoitan reaccionar picando cando se tenta manipulalos así. Moitos criadores cren que a mellor forma de manter a este tipo de aves é en grandes aviarios onde poidan voar libremente, por parellas para poder cubrir as súas necesidades sociais e cunha interacción con humanos mínima. Aínda que adoitan mostrarse agresivos con outras especies de aves polo non se debe tratar de integralos a aviarios mixtos. [Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 14 de junio de 2014. 
  2. Ficha en Avibase.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Forshaw, Joseph M. (2006). Parrots of the World; an Identification Guide. Illustrated by Frank Knight. Princeton University Press. ISBN 0-691-09251-6. 
  4. 4,0 4,1 Beruldsen, G (2003). Australian Birds: Their Nests and Eggs. Kenmore Hills, Qld: self. p. 248. ISBN 0-646-42798-9. 
  5. Cannon CE (1984). "Rosellas, Platycercus spp., and their hybrids in the eastern Queensland - New South Wales border region". Australian Zoologist 21: 175–83. 
  6. Falla RA, Sibson RB & Turbot EG (1966) A Field guide to the birds of New Zealand. Collins, London (ISBN 0-00-212022-4)