Roope Ahonen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Roope Ahonen
Leite Río Breogán
Base / Escolta
Información persoal
Nacemento 12 de xuño de 1990 (29 anos)
Finlandia Salo, Finlandia
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2012 / Rolda: Non drafteado
Internacional Finlandia Finlandia
Carreira 2007−presente
Historial de equipos
Torpan Pojat (2007–2009) Korisliiga
Vilpas Vikings (2009–2012) Korisliiga
Solna Vikings (2012–2013) Ligan
Borås Basket (2013−2014) Ligan
Bisons Loimaa (2014–2015) Korisliiga
Kolossos Rodou (2015–2017) A1
Ourense (2017–2018) LEB
Oviedo (2018–2019) LEB
Leite Río Breogán (2019– ) LEB

Roope Aleksi Ahonen, nado o 12 de xuño de 1990 en Salo é un xogador profesional de baloncesto finés. Cunha altura de 1,88 m xoga na posición de base. Actualmente xoga para o Leite Río Breogán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ahonen foi considerado desde os seus comezos como unha das grandes promesas escandinavas. Con esa fama debutou no Salon Vilpas do seu país natal, paso previo a xogar na liga sueca, onde disputou as temporadas de 2012 a 2014 entre Solna Vikings e Borås Basket. Ao ano seguinte regresou á Korisliiga para xogar no Bisons Loimaa. Tras esta experiencia, deu un salto de nivel para xogar no Kolossos Rodou da A1 Ethniki grega. Militou no equipo de Rodas durante dúas temporadas cunha media de 7 puntos e cunha porcentaxe en tiros de tres do 40%. Ademais, repartiu 2,6 asistencias por xogo. Na temporada 2016−17 foi titular de forma regular e xogou moitos minutos no posto de base nun equipo que disputou as eliminatorias polo título.[1] En setembro de 2017 chega á Galiza concretamento ao Club Ourense Baloncesto da Liga LEB. Ao ano seguinte asina polo Oviedo, onde consegue 11,5 puntos por encontro (15,7 en playoffs), unha porcentaxe de triplas do 50,3% (55,6% en playoffs) e unha valoración media de 11,7 (20 en playoffs). O 16 de xullo de 2019 anúnciase a súa incorporación ao Leite Río Breogán.[2]

Clubs[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ahonen renews with Kolossos". A1Basket. 4 de agosto de 2016. 
  2. "O internacional finlandés Roope Ahonen chega ao Leite Río Breogán". CB Breogán. 16 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]