Porquiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Roncón (peixe)")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Porquiño
Balistes capriscus01.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Tetraodontiformes
Familia: Balistidae
Xénero: Balistes
Especie: B. capriscus, B. carolinenses, B. vetula''
Nome binomial
Balistes capriscus, Balistes carolinenses, Balistes vetula
(Gmelin, 1789)
Porquiño ou roncón
Porquiño ou roncón, visto en mergullo
Porquiño ou roncón, visto en mergullo

Porquiño, roncón, roncallo ou peixe porco é un peixe da familia dos Balistidae, orde dos Tetraodontiformes que vive en fondos de area con pedras e algas, a partir da beiramar e até aos 100 metros de profundidade. Tanto o nome de roncón como o de porquiño veñen dados polo feito de ser capaz de emitir sons roncos, gruñidos como os do porco. Porén, o nome "peixe porco" non debe levar a confusión, xa que así e chamado tamén un tipo de escualo, o Oxynotus centrina.

Morfoloxía e costumes[editar | editar a fonte]

Ten un corpo alto e estreito, de cor grisalla. A primeira dorsal está formada por tres radios moi fortes. Ten a boca pequena, con dentes robustos. A pel é rixa e consistente. Deambula en solitario ou en pequenos grupos. Aliméntase de moluscos e crustáceos. Pode ser visto ao facer mergullo.

É pescado con trasmallo e a carne é de calidade. Pode superar 1 kg. É normal que continue a trabar e rillar cos seus dentes robustos despois de ser pescado, por iso é habitual facer rotos na roupa e feridas nas mans dos pescadores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]