Erwin Rommel
Erwin Rommel, nado en Heidenheim o 15 de novembro de 1891 e finado en Herrlingen, o 14 de outubro de 1944, foi un mariscal alemán durante o terceiro Reich, alcumado O raposo do deserto.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veterano da primeira guerra mundial, foi o máis destacado militar da segunda guerra mundial por parte do bando do Eixo, innovando na guerra terrestre co perfeccionamento da táctica Blitzkrieg (guerra lóstrego), reflectido na súa obra O tanque en ataque. Esta táctica consistía en darlle ó tanque unha importancia principal no ataque, e non reducilo a un elemento auxiliar.
Tralas campañas de conquista da Francia, Rommel pasa ó escenario norteafricano, onde gaña o alcume de o raposo do deserto. Porén, é derrotado por Patton e por Montgomery na (batalla de El-Alamein).
Morrerá en 1944 catro meses despois do intento de golpe de Estado contra Hitler, no que estivo implicado, obrigado a suicidarse.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Erwin Rommel |