Romeo e Xulieta (Chaikovskii)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Chaikovskii no tempo que compuxo Romeo e Xulieta, contra o 1868.
Interpretado pola Skidmore College Orchestra.

Romeo e Xulieta é unha obra musical de Petr Ilich Chaikovskii, subtitulada Abertura-Fantasía, baseada na obra homónima de Shakespeare escrita (na súa primeira versión) en 1869. A diferenza doutras obras maiores de Chaikovskii, o compositor non lle adxudicou un número a Romeo e Xulieta, aínda que figura noutros catálogos alternativos numerada como TH 42[1] e ČW 39.[2]

Ó igual que outros compositores como Berlioz e Prokofev, Chaikovskii estivo fondamente inspirado por Shakespeare e ademais escribiu obras sobre A tormenta e Hamlet.

A idea de compoñer esta Abertura-Fantasía con tema shakesperiano foi inicialmente de Mili Balákirev, o líder do Grupo dos Cinco, e aínda que a obra estaba rematada en 1869, a versión que coñecemos hoxe en día data do ano 1880. O feito de que a tonalidade do "tema do amor" na súa primeira aparición (compás 183) sexa a de Re bemol Maior, que en alemán se abrevia como "Des", pode estar relacionado coa decepción amorosa que sufriu Chaikovskii coa cantante belga Désirée Artôt.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alexander Poznansky & Brett Langston, The Tchaikovsky Handbook, Vol. 1 (2002) Tchaikovsky Research: Catalogue Numbers Arquivado 07 de maio de 2015 en Wayback Machine.
  2. Polina Vaidman, Liudmila Korabel'nikova, Valentina Rubtsova, Thematic and Bibliographical Catalogue of P. I. Čajkovskij's Works (2006), and P. I. Čajkovskij. New Edition of the Complete Works (1993–date)
  3. Kerr, Isaac. «Shakespeare en el romanticismo musical. Chaikovski y Berlioz: dos interpretaciones de la “escena del conflicto” de Romeo y Julieta», Síneris. Revista de musicología Arquivado 20 de marzo de 2016 en Wayback Machine., vol. nº 4, abril 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brown, David: Tchaikovsky: The Man and His Music. Nova York: Pegasus Books, 2007. ISBN 0-571-23194-2
  • Holden, Anthony, Tchaikovsky: A Biography (Nova York: Random House, 1995). ISBN 0-679-42006-1.
  • Kamien, Roger. Music : An Appreciation. Mcgraw-Hill College; 3ª edición (1 de agosto de 1997) ISBN 0-07-036521-0
  • Kerr, Isaac. «Shakespeare en el romanticismo musical. Chaikovski y Berlioz: dos interpretaciones de la “escena del conflicto” de Romeo y Julieta», Síneris. Revista de musicología, vol. nº 4, abril 2012. ISSN 2254-3643.
  • Maes, Francis, tr. Arnold J. Pomerans and Erica Pomerans, A History of Russian Music: From Kamarinskaya to Babi Yar (Berkeley, Los Ángeles y Londres: University of Calilfornia Press, 2002). ISBN 0-520-21815-9.
  • Weinstock, Herbert, Tchaikovsky (Nova York: Alfred A. Knopf, 1944). ISBN n/d
  • Wiley, Roland John: Tchaikovsky's Ballets. Oxford e Nova York: Oxford University Press, 1985. ISBN 0-19-816249-9.